30 de mar. de 2011

O ROSAL


CONSULTA DO CENSO EN PERÍODO ELECTORAL


Dende o 4 ó 11 de abril, ambos inclusive, poderá consultarse nas oficinas do Concello do Rosal as listas do Censo Electoral con motivo das Eleccións Municipais do 22 de Maio.

O horario de consulta será de 8:00 hs. a 15:00 hs, de luns a venres.

A consulta será individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

Aquelas persoas que realizasen un cambio de enderezo ou que cumprisen 18 anos recentemente sería conveninte que comprobasen a súa inscrición para verificar se os datos que figuran son os correctos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario