GUILLERME DENUNCIA EN TUI QUE “PP E PSOE DESACREDITAN A POLÍTICA ASINANDO PACTOS ANTITRANSFUGUISMO OU DE CAMPAÑAS ELECTORAIS QUE LOGO NON CUMPREN”
Guillerme afirma en Tui que o BNG é a única forza política en disposición de "pararlle os pés ao PP nos concellos"
Laureano Alonso presenta ao BNG como “a única alternativa en Tui fronte a unha dereita dividida e que non se preocupa polos problemas da xente”
Infogauda / Tui
O Portavoz Nacional do BNG afirmou, no acto de presentación da candidatura á alcaldía de Tui, que “PP e PSOE son responsábeis do descrédito da política ante a cidadanía, asinando pactos e acordos que logo eles mesmos non cumpren”. “O BNG practica a ética na política; o PP e o PSOE pactan compromisos que logo incumpren, como se está a demostrar co pacto antitransfuguismo ou co acordo sobre inauguracións en época preeleitoral”, asegurou. O PP levou a Galiza ao récor de parados. Ademais, o portavoz nacionalista asegurou durante a súa intervención que as políticas da dereita teñen levado ao noso país a unha marca histórica de desempregados e desempregadas e a forma máis segura de evitar que o PP traslade as súas política fracasadas da Xunta aos concellos –dixo- e “apoiando as candidaturas do Bloque Nacionalista Galego”. Guillerme Vázquez recalcou que "a grande prioridade do BNG nos concellos será contribuír a reactivar a actividade económica e a criación de emprego” e todas as liñas das políticas municipais deben ter como obxectivo último –manifestou- “dinamizar a economía produtiva e salvagardar aqueles sectores que crían máis postos de traballo, con especial énfase no apoio ás pemes". O BNG é a alternativa ás políticas de dereitas de PP e PSOE. Somos unha forza “alternativa” ás políticas de dereita –engadiu-, esas políticas que aplica os goberno galego do PP e español do PSOE e temos ademais o respaldo dun balance de xestión contrastada en aqueles concellos nos que temos responsabilidade de goberno.
Guillerme concluíu salientando que “nas vindeiras eleccións municipais é a única forza política que lle pode parar os pés ao PP en Galiza”. Laureano Alonso : “Ao BNG preocúpanlle os veciños e veciñas de Tui; á dereita só lle preocupan as súas liortas internas” Pola súa parte, o candidato do BNG á alcaldía de Tui,
Laureano Alonso, contrapuxo o último goberno municipal “dun centro-dereita dividido e con contínuas liortas internas, á actitude do BNG, preocupado polos problemas da xente e que ten proxecto e propostas para sacar Tui adiante”. Así, lembrou o importanto traballo feito polo BNG de Tui dende a oposición nestes catros anos, con mocións aprobadas para crear a delegación da Escola Oficial de Idiomas; para crear unha rede wifi municipal; para reiniciar os traballos do Plan Especial do Casco Histórico ou para mellorar a recadación do concello, unha medida que supuxo incrementar en 200.000 euros anuais a recadación municipal. Igualmente, salientou a iniciativa do BNG para contituír a Eurocidade Tui-Valença. “O BNG é a única garantía de cambio en Tui” Laureano Alonso tamén salientou que na vindeiras eleccións de maio “o BNG é a única garantía de cambio transformador en Tui”.
Entre as propostas do BNG que se inclúen no programa defendeu a creación dunha rede de transporte público que conecte as parroquias; a construción dun centro de día para persoas maiores e dunha gardería municipal. Ademais, apostou por rehabilitar o Casco Histórica con medida como os convenios con particulares para a cesión dos baixos, unha medida que xa se puxo en marcha na vila ourensá de Allariz cun grande éxito. Laureano Alonso tamén situou como un obxectivo irrenunciable para o BNG “abrir o concello aos veciños e veciñas, dándolle un trato igual a todos sen mirar cores políticas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario