30 de mar. de 2011

A GUARDA

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NO CENTRO SAN XEROME


José Carlos González Blanco facendo a presentación da mostra de fotografía


O Centro San Xerome Emiliani acolle este días unha exposición de fotografía. Na inauguración estiveron Amalio Verd (Profe do IES A Sangriña), promotor das actividades de integración IES - San Xerome; Inés Montenegro (Profe do CPI A Ribeira de Torneiros - Porriño), coordinadora do proxecto de integración a través do Taller de fotografía entre rapaces e profes dos Coles CPI A Ribeira e Centro de Educación Especial ACEESCA); Luz Fernández, Presidenta da Asociación ACEESCA de Porriño. Asemade, tamén asistiron rapaces e profes dos IES Sá Pobla de Maiorca, do IES A Sangriña e dun Instituto de secundaria de Dunquerque (Francia), todos eles participantes en Proxectos europeos de intercambio nos que tamén participan rapaces das Unidades educativas do Centro San Xerome. A exposición estará aberta tódolos dias de 16 a 19 h. ata o venres, rematando o sábado 2 de abril (aberta de 10 a 14 h.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario