O MUSEO ACOLLE EN MARZO OBRADOIROS SOBRE INSTUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS E UN CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE O ENTROIDO
O Museo de Pontevedra celebrará uns obradoiros, charlas e concertos didácticos sobre instrumentos tradicionais galegos que serán impartidos por Pablo Carpintero. Os participantes nestas actividades terán a oportunidade de aprender a construír diferentes instrumentos musicais, desde os máis sinxelos ata algúns máis elaborados, incluso traballando nun torno, para tentar difundir e poñer en valor esta parte importante do noso patrimonio cultural. Por outra parte, tamén afondarán sobre a historia destes útiles sonoros a través dunha serie de charlas e concertos didácticos nos que Pablo Carpintero explicará o uso pasado e presente dunha boa parte dos instrumentos musicais galegos.
O prazo de matrícula abriuse o 21 de febreiro e durará ata que todas as prazas estean cubertas. As inscricións débense realizar no Rexistro Xeral da Deputación. Este ciclo de obradoiros estrutúrase en catro partes, cada unha dedicada ós instrumentos musicais dunha época que aínda se usan ou que se deixaron de empregar hai ben pouco en Galicia:
Paleolítico I
Neste obradoiro construiranse zoadeiras, fungos e asubíos, e mais outros instrumentos musicais que probablemente se usaron no Paleolítico pero que non deixaron pegadas debido á súa fabricación con materiais perecedoiros como cantagalos, mirlitóns, follas de hedra e carrizos. Celebrarase os días 16 e 17 de marzo de 17:00 a 19:00 horas. Dirixido a un máximo de 20 nenos de entre 6 e 10 anos.
Paleolítico II
Neste segundo obradoiro os participantes poderán aprender a construír e manexar castañolas de cana, tarrañolas, siringas e frautas de cana. Celebrarase os días 23 e 24 de marzo de 17:00 h a 19:00 h. Poderán asistir un máximo de 20 rapaces de entre 10 e 15 anos.
Neolítico Este obradoiro está deseñado para aprender a construír óboes e clarinetes de palla e cana, e tamén un pequeno banelo con pel curtida. Terá lugar o 30 e 31 de marzo de 17:00 a 19:00 horas. Estará dirixido a un máximo de 15 participantes maiores de 15 anos.
Idade Media
O obradoiro está deseñado para aprender a construír unha gaita de fol sinxela empregando canas, sabugueiro e unha bolsa de material sintético como fol. Celebrarase os días 6 e 7 de abril de 17:00 h a 19:00 h. Neste caso o obradoiro será para un máximo de 15 rapaces maiores de 15 anos.
Como peche deste ciclo Pablo Carpintero ofrecerá un concerto didáctico no que se empregarán algúns dos instrumentos que se realizaron nos obradoiros así como outros empregados na nosa música tradicional e que tocarán os adultos, ata completar un total duns trinta instrumentos musicais. Este celebrarase o 7 de abril ás 20:00 horas con entrada libre.
Paseo polo río
O obxectivo deste paseo polo río é aprender a facer sinxelos instrumentos musicais con diversos materiais da natureza: construíanse óboes e pitos de codia de diferentes árbores, empregábanse follas para tocar e confeccionábanse sinxelos clarinetes con pallas de diferentes gramíneas. Celebrarase o 28 de maio e 4 de xuño de 10:30 h a 13:30 h. Participarán un máximo de 35 persoas de todas as idades (os menores deberán ir acompañados dos seus pais).
Ciclo de conferencias sobre o Entroido
O sexto edificio do Museo Provincial acollerá os días 1 e 3 de marzo ás 20.00 horas un ciclo de conferencias sobre o Entroido. Concretamente, o día 1 a escritora Araceli Filgueira Iglesias falará sobre “Sabores do Entroido en Galicia” e o día 3 Xosé Manuel González Reboredo do Museo do Pobo Galego disertará sobre “Teatro de Entroido en Galicia”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario