UN CENTO DE NENOS COMPETIRÁN EN CASTRELO DE MIÑO NA XIII CONCENTRACIÓN DA ESCOLA DE VELA

Infogauda / Ourense
Un cento de nenos de toda Galicia, de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, participarán na “XIII Concentración de Escolas de Vela” e na “Regata Copa Deputación de Ourense”, que se celebrarán o vindeiro fin de semana no Clube Náutico de Castrelo de Miño. A presentación do evento tivo lugar hoxe na Deputación de Ourense coa presenza do presidente da institución provincial, José Luis Baltar; a presidenta do Clube Náutico Castrelo de Miño, Beatriz Alberte, e o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez.
José Luis Baltar dixo que potenciar o deporte náutico en Ourense “é potenciar o mar que temos na nosa provincia, que non é outro que Castrelo de Miño, e iso supón apoiar o desenvolvemento do deporte e a práctica de actividades lúdicas e saudables para os nosos nenos e xóvenes, algo que a Deputación de Ourense ven facendo e seguirá facendo”.
José Luis Baltar dixo que potenciar o deporte náutico en Ourense “é potenciar o mar que temos na nosa provincia, que non é outro que Castrelo de Miño, e iso supón apoiar o desenvolvemento do deporte e a práctica de actividades lúdicas e saudables para os nosos nenos e xóvenes, algo que a Deputación de Ourense ven facendo e seguirá facendo”.
Baltar cualificou de “xoia náutica” as instalacións do Clube Náutico de Castrelo e Miño e loubou o traballo que está a desenvolver o equipo directivo que preside Beatriz Alberte, “polo ben deste deporte en Ourense e en Galicia”.
Pola súa banda, Beatriz Alberte dixo que Castrelo de Miño “reúne unhas condicións idóneas para a práctica da vela nas especialidades relativas aos nenos”, o que se complementa cunhas excelentes instalacións en terra como son o albergue, a piscina e demais dependencias, “que fan aos nenos unha estancia lúdica e agradable cada vez que organizamos unha competición”.
En total serán 10 clubes de toda Galicia os participantes na Concentración e na Copa Deputación, integrados por un centenar de nenos, que estarán acompañados de 17 monitores.
As competicións comezan mañá venres, ás 17 horas, e continuarán o sábado e o domingo, para rematar coa entrega de trofeos o propio domingo ás 13.30 horas.Tanto os organizadores como o presidente da Deputación coincidiron en afirmar que este tipo de actividades permite introducir aos xóvenes deportistas na competición e fomentar os valores de tipo educativo e social, así como o respecto e coidado ao medio natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario