COCHORRO INAUGURA O VENRES A SÚA EXPOSICIÓN “PUNTO DE PARTIDA”
O escultor valdeorrés Luis Fernández González, maís coñecido polo seu nome artístico de “Cochorro”, inaugurará mañá, venres, día 3 de setembro (20:15 horas) a exposición “Punto de partida”, na sala principal do Centro Cultural da Deputación.
Cochorro “consigue coa firmeza das súas mans debuxar a pureza das liñas nas esculturas de pedra, mármore ou madeira e tráenos ese traballo maduro e pleno de serenidade… dende a súa residencia valdeorresa”, sinala o presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, no prólogo do catálogo editado co gallo desta mostra.

No mesmo libro, o crítico Camilo Franco fai un eloxio á sinxeleza defendendo que esa sinxeleza non equivale a algo simple ou de escaso valor, senón que equivale ao resultado final dun proceso de depuración artística en busca da harmonía. A exposición, que inclúe varias pezas escultóricas colocadas no exterior do Centro Cultural, poderá visitarse ate o día 26 de setembro.
Mentres, esta tarde, a partires das 20:15 horas, entregaranse os premios da IX edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación e inaugurarase a mostra cos traballos premiados e seleccionados polo xurado para artistas menores de 30 anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario