HOMENAXE EN CEA A 80 ANOS DE VERBENAS EN GALICIA, DA MAN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ORQUESTRAS

Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do Festival Internacional de Orquestras (FIOU), un evento pioneiro en Europa, organizado polo Xacobeo 2010, a Deputación de Ourense e o Concello de Cea, que terá lugar no Concello de Cea do 3 ao 5 de setembro. O evento reunirá ás máis importantes orquestras do panorama internacional e servirá para render homenaxe a 80 anos de verbenas en Galicia, a manifestación cultural mái s arraigada na nosa terra.
A presentación do festival coutou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o xerente do Xacobeo 2010, Ignacio Santos; o alcalde de Cea, José Luis Valladares, e o director artístico do FIOU, Marcos Lorenzo.
A presentación do festival coutou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o xerente do Xacobeo 2010, Ignacio Santos; o alcalde de Cea, José Luis Valladares, e o director artístico do FIOU, Marcos Lorenzo.
José Luis Baltar dixo que a Deputación de Ourense “apoiou dende o primeiro momento a organización deste festival porque é un evento que reúne a esencia da cultura galega: música, tradición, convivencia e historia, que se dan a man a través da música das orquestras, que a todos nos traen lembranzas de bos momentos de lecer en compañía da familia e dos amigos”.
Baltar agradeceu ao Xacobeo o feito de que pensara en Ourense, e máis concretamente en Cea, como sede deste festival, “pois Cea é un importante punto do Camiño, e como terra hospitalaria que é, estará, sen dúbidas, a altura das circunstancias que un evento destas características require”.Pola súa banda, Ignacio Santos explicou que FIOU é un evento innovador “que se converte en referente nacional, e que elevará a cultura das orquestras galegas e dará un pulo especial de promoción das nosas tradicións culturais e musicais”.
“Un total de 11 orquestras –dixo-, chegadas de Venezuela, a República Dominicana, Estados Unidos, Italia, Francia e por suposto Galicia, daranse cita neste festival, que conxuga a música orquestral tradicional cos máis modernos ritmos, para que todos os públicos se integren neste gran evento”.
O alcalde de Cea lembrou que todo o pobo de Cea “estase a volcar co festival, e tanto no albergue como na zona habilitada para campamento, aparcamentos, e no propio recinto de actuacións, estamos a planificar e organizar as actividades e tarefas para que os milleiros de visitantes que agardamos se sintan a gusto na nosa vila”, dixo José Luis Valladares.
Finalmente, Marcos Lorenzo, deu a coñecer o programa do festival que inclúe a participación de orquestras como as venezolanas “Billo’s Caracas Boys” e “Melódicos”; galegas como “Sintonía de Vigo” ou os “Diplomáticos do Acordeón”, e mesmo orquestras de Estados Unidos como a “Hypnotic Brass Ensamble”, ou a “Orchestre National de Barbes”, de Francia, entre outras.Ademais, haberá conferencias e exposicións sobre a historia das orquestras galegas, nas que se dará conta dun rico anecdotario, no que figuran historias como o feito de que “Os Tamara” chegaron a tocar no Olympia de París, ou que “Los Chicos del Jazz” levaron o esplendor das big bands norteamericanas ás aldeas de Galicia.
Ana Kiro, Pucho Boedo ou Sito Sedes son algunhas das grandes figuras que protagonizan a exposición, en compañía de moitas outras non tan coñecidas pero que deixaron pegada na cultura popular.
Dende as dificultades para conseguir un instrumento ou para desprazarse de festa en festa, cando os automóbiles aínda non estaban ao alcance de todo o mundo, ata as frases típicas para sacar a bailar..., todo ten lugar nesta exposición que forma parte das actividades paralelas do FIOU, para renderlle homenaxe a oitenta anos de orquestras galegas. A entrada a todas a actuacións e gratuíta, e quen desexe máis información sobre o evento pode atopala na web: www.fiou.xacobeo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario