26 de set. de 2010

A GUARDA

MECALIA AGASALLOU CON UNHA CEA FIN DE TEMPADA AS REMEIRAS DA S.D. DE REMO RÍAS BAIXAS

- A tripulación da traíña galega acadou por terceiro ano consecutivo a Bandeira Femenina da Concha

Vídeo resumo da regata correspondente a final da III Bandeira Femenina da Concha, 2010

e!tb.com

Infogauda / A Guarda


Presidida pola III Bandeira Femenina de La Concha, acadada por terceiro ano consecutivo en Donostia, polas remeiras da Sociedade Deportiva de Remo Rias Baixas; o pasado sábado dia 25 de setembro tivo lugar no Restaurante Os Remos, de A Guarda, a cea fin de tempada, coa que o patrocinador José Manuel Silva Vicente, director de Mecalia – empresa co-patrocinadora da traíña da S. D. de Remo Rías Baixas -, quixo agradecer a magnífica labor desenvolvida polas remeiras e equipo técnico desa entidade deportiva que leva con dignidade e orgullo, o nome de Galicia por tódalas localidades onde participa nas diferentes regatas do calendario de traíñas.
No decurso da cea, José Manuel Silva Vicente adiantou: “Xa que coa nova palamenta se gañaron 7 segundos, para a vindeira tempada hai un 99,99 % de posibilidades de poder contar con unha nova traíña, contando coa colaboura da empresa Hidromiño”.
Nomeando a cada unha das remeiras -Vicky Piñeiro, Lorena Fernández, Marta Cochón, Verónica Lago, Silvia Úbeda, Iria Rivero, Ana López, María José Estévez, Eva Val, Fátima Torrado, Sandra Sánchez, Laura Hermelo, Andrea Oubiña, Olga Medraño, Nuria Barreiro, Sara Rodríguez e Lucía García -, da S. D. de Remo Rias Baixas; José Manuel Silva Vicente, agradeceulles súa labor, o tempo que as exhortou a acadar novos éxitos na vindeira tempada.
José Manuel Silva Vicente tamén expresou súa vontade de que a S. D. de Remo Rías Baixas faga novamente a presentación da tempada 2011 na vila de A Guarda, visto o enorme éxito acadado na que ven de rematar, logrando a III Bandeira Femenina de La Concha.
Silva Vicente tamén amosou seu compromiso para tentar de conquerir que unha das regatas da Liga ACT teña lugar en augas do mar de A Guarda, evento para o cal conta coa colaboura do Club de Remo Robaleira, e espera contar tamén coa das dúas asociacións de comerciantes e industriais de A Guarda, xa que se trata de un acontecemento que vai ter unha moi positiva repercusión para o sector servicios de A Guarda.
En representación de tódalas remeiras da S. D. de Remo Rías Baixas, Laura Hermo, de 19 anos, a patroa da traíña que representa a Comunidad Autónoma de Galicia, expresou o agradecimento de toda a tripulación polo apoio recibido de Mecalia, sen o cal – como salientou - non sería posible acadar os mesmos resultados, e deseguido entregoulles a José Manuel Silva Vicente e a súa dona Gloria Portela, un sinxelo agasallo consistente nunha fotografia enmarcada, na que figura a III Bandeira Femenina da Concha, así como unha representante da tripulación da traíña galega e o patrocinador José Manuel Silva, xa que o director de Mecalia viviu “in situ” a emoción das regatas, apoiando o máximo, en todo canto foi necesario, a tripulación da S. D. de Remo Rías Baixas.
O postre da cea consistiu nunha fermosa tarta - feita por um mestre pasteleiro de A Guarda -, na que figuraba unha reproducción da traíña da S. D. de Remo Rías Baixas, coa palamenta – rotulada coa marca Mecalia Energy Systems– ergueita, en sinal de victoria.
Ademáis dos anfitrións José Manuel Silva e súa dona Gloria Portela -, na cea participaron ás remeiras, adestradores (Marco Antonio Castelao e Benigno Silva) e equipo de apoio loxístico da S. D. de Remo Rías Baixas, representantes dos clubes – C.R. Chapela, S.D. Samertolaméu, de Meira (Bueu) e C. R. Cabo de Cruz (Boiro) - os que pertencen as deportistas; Hermelindo Martinez González e súa dona, en representación do Club de Remo Robaleira; Benedicto e súa dona, da empresa Hidromiño; e varios guardeses, amigos dos patrocinadores.
En nome da S. D. de Remo Rías Baixas, interviu o presidente do equipo, Benigno Silva, para agradecer todo o apoio recibido de Mecalia.
N´un ambente totalmente distendido, ás remeiras amosaron o longo da velada, súa ledicia polo éxito acadado, e brindaron con tódolos asistentes, polos novos retos inmediatos, o tempo que agradeceron o apoio que reciben de A Guarda.
Polo seu sacrificio e pola súa simpatía, foi para nós un alto honor poder compartir coas remeiras, representantes dos clubes os que pertencen, adestradores, e demáis amigos, unhas horas de verdadeira ledicia.
A III Bandeira Feminina da Concha, que Odón Elorza, alcalde de Donostia, entregou a patroa da S.D. de Remo Rías Baixas o pasado día 12 de setembro, estivo con todo merecimento na vila de A Guarda. Oxalá poidamos voltar a vernos logo da vindeira edición da prestixiosa regata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario