110.000 persoas puxéronlle a guinda a unha xornada de folga xeral seguida por máis do 80% dos traballadoras e traballadores de Galicia
As manifestacións polas principais vilas e cidades do país foron o colofón a un día «histórico»
110.000 persoas manifestáronse hoxe con CC OO e UGT en diferentes manifestacións e concentracións polas principais vilas e cidades de Galicia. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un «día histórico», pois a folga xeral que convocaron as dúas organizacións acadou un seguimento do 82,15%.
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
As traballadoras e traballadores galegos recorreron as rúas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo, A Mariña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arousa e concentráronse nas vilas de Lalín e Cee baixo o lema "Así, non ¡rectificación xa!".Vigo acolleu o acto central ao contar coa participación dos secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión.
Día histórico
Desde CCOO e UGT salientan que se trata dun «día histórico» debido ao 82,15% de participación na folga xeral. A convocatoria tivo un especial seguimento en sectores como recollida de lixo e limpeza viaria, transportes públicos, portos e aeroportos, sector naval, automoción ou comercio e hostalería.Seguimento nas empresasAmbos sindicatos destacan que o éxito da folga no é mérito dos sindicatos convocantes, é sobre todo dos traballadores que fixeron súa a proposta de UGT e CCOO. O traballo sindical realizado nos últimos meses, a través dunha ampla campaña informativa e o traballo empresa a empresa, da un resultado que se reflicte no seguimento xeral da folga e nas principais empresas galegas que se atopan nestes momentos en situación de paro.Este é o caso de empresas tan significativas como PSA-Vigo, Navantia, Alúmina Aluminio San Cibrao, Zara Loxística, Frinsa do Noroeste, Unisono Solucións, GKN Driveline, G.P.S.B. Galfor S.A., Cespa ou Vitrasa, entre outras.
Esixencias
Co aval deste «masivo apoio», UGT e CCOO reclaman a rectificación das políticas antisociais do goberno Zapatero, comezando pola reforma laboral que abarata o despedimento, aumenta a temporalidade, ameaza a negociación colectiva, recorta os dereitos dos traballadores e traballadoras e non crea emprego; e seguindo pola retirada do plan de Axuste, restablecendo os dereitos dos pensionistas, empregados e empregadas públicos e persoas dependentes, mantendo o investimento público.Os dous sindicatos esixen tamén o mantemento da negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo, fronte aos intentos de individualizar as relacións laborais, a continuidade do sistema público de pensións como eixe do sistema de protección social, e a aplicación dunha política fiscal baseada na progresividade e na equidade, e non en xestos ou cencesións á galería.Ambos sindicatos amosan o seu convencimento de que este 29 de setembro é o primeiro chanzo a cara un futuro mellor e para conseguir un xiro democrático das políticas do Goberno. O contrario sería unha irresponsabilidade por parte dun Executivo que se amosaría xordo e cego ante o clamor popular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario