A FOLGA XERAL EN GALICIA
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E EXEMPLO DE DIGNIDADE DA CRASE TRABALLADORA GALEGA
Máis de 80.000 persoas secundan as manifestacións convocadas pola central nas cidades e vilas do país
Folga Xeral do 29-S - CIG
avantarvideos
avantarvideos
A Confederación Intersindical Galega avalía como un éxito rotundo a folga xeral convocada pola central sindical en Galiza este mércores 29 de setembro. Suso Seixo, secretario xeral, considera que se acadou unha participación similar á da folga xeral de 2002, superada en comarcas como Vigo, onde se superou amplamente o 80 por cento. Nas manifestacións convocadas pola central sindical, celebradas en todas as cidades e en numerosas vilas do país, a participación chegou ás 80.000 persoas. A marcha máis numerosa foi a de Vigo, onde a participación superou os 40.000 asistentes
Ningún comentario:
Publicar un comentario