29 de set. de 2010

ARZÚA

Arzúa, a “capital” galega dos produtos naturais


Terractiva / Arzúa
Xa se presentou a sétima edición da meirande feira ecolóxica de Galicia. Tanto o alcalde de Arzúa, Xaquín García, como a coordinadora do festival, Txeli Vicente, deron en destacar a importancia de que a vila coruñesa se convirta na “capital dos produtos naturais”, ademais de resaltaren os diversos eidos da programación da Feira.
En palabras do rexedor arzuán, o recinto feiral “Terra do queixo” será nos días 2 e 3 de outubro o referente no que a mercado verde se refire, feito que valorou moi positivamente. Pola súa banda, Txeli Vicente resaltou o feito de que a Feira “non deixa de medrar cada ano”, tanto en variedade de propostas como en calidade das mesmas.Ademais, fixo alusión a que “o sete é un número máxico” e que “estamos traballando para que esta edición así o sexa”. Neste sentido, indicou que a Feira ecolóxica de Arzúa non é un festival ao uso, unha cita na que simplemente se reúne xente para asistir a un concerto ou a unha actuación teatral e que ampouco é só unha feira na que o obxecto sexa mercar e vender, senón que é a suma de persoas que, con “conciencia ecolóxica” viven e traballan pola sustentabilidade do territorio.Máis oportunidades de participación A diversidade, a conxunción de saberes e prácticas e, sempre, a conciencia ecolóxica marcan as liñas sobre as que se sostén esta proposta. O alcalde arzuán chamou a veciñanza a asistir ao evento, ao igual que a coordinadora do mesmo.Máis variedade, menor duración e prezo dos obradoiros Formaterra, diversidade de outras propostas formativas (instrumentos tradicionais, cociña vegana, regueifas) ou xogos tradicionais durante toda a fin de semana son algunhas chaves que abren as portas á participación de todos os públicos na sétima edición da Feira.Xunto con isto, a implicación da comarca arzuana será este ano moito máis fonda, xa que as cantareiras de Arzúa e o grupo de gaitas de Castro Curbín estarán durante o xantar e o peche da Feira amenizando a mesma, co que “o tecido social desta programación se fai máis forte”, indicaba Txeli Vicente.Un grupo de música, Clave de Sol, que obtén a enerxía para os instrumentos de placas solares fotovoltaicas, a estea de “Mañá será outro día” da compañía galega de clown “Os Sete Magníficos máis Un” especialmente para nenos/as e de temática ambiental ou a maior presenza de cooperativas alimentares na Feira completan a ampla proposta da Feiractiva 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario