A Deputación de Pontevedra adxudica a Planta Loxística Inversa de Residuos non Perigosos de Cambados a ESCOR e SOIL RECOVERY e anuncia a súa entrada en funcionamento en outubro
Actuará como xestor de residuos para as empresas e dará saida ós Puntos Limpos dos concellos
Infogauda / Pontevedra
No encontro, Louzán suliñou a importancia e as ventaxas que para as empresas e os concellos terá a nova Plata de residuos non perigosos.
Destacou que este novo servizo da Deputación de Pontevedra deriva do incremento de residuos que acarrea a sociedade industrial e que provocan graves problemas á hora de recollelos e de tratalos para a súa reciclaxe.
No caso das empresas, do total de residuos industriais que se xeneran en Galicia só reciben algún tratamento o 38%, e ningún o 62% restante. Pero as empresas están obrigadas hoxe a xestoniar os seus propios residuos ou ben a contar con algún xestor externo, como pode ser esta Planta de Loxística Inversa de Residuos.
No caso dos concellos, a importancia da plata deriva de que están obrigados a recoller residuos domiciliados, como televisións, ordeadores, rodas, luminarias, etc.. O problema é que se acumulan nos Puntos Limpos e teñen dificultades para darlles saida. Algo que posibilitará esta Planta.
Consciente do problema, a Deputación, na súa función de ser plataforma de servizos e de recursos para os concellos, presentou ó Interreg III-A o proxecto Ecologistic que posibilitou investir 4,6 millóns de € na construcción da Planta de Loxística Inversa de Residuos en Cambados.
Estará adicada a tratar e reciclar residuos non perigosos como aparatos eléctricos e electrónicos, papel e cartón, plásticos, residuos metálicos e vidro, entre outros. Tén unha capacidade de tratamento anual de 10.000 unidades de aparatos eléctricos e de 9.000 toneladas do resto de materiais e permitirá levar a cabo unha correcta xestión destes materiais, algo que agora non se pode facer por falla de infraestructuras axeitadas.
O novo centro de tratamento e reciclaxe de residuos non perigosos de Cambados tén valores engadidos como un alto carácter innovador pois, ademais de instalacións especializadas para reciclar produtos de empresas, concellos e particulares, inclúe o desenvolvemento dunha área loxístico-industrial que favorece a ubicación de empresas deste tipo.
Doutra banda, é unha oportunidade como novo mercado para operadores de transporte, almacenaxe e distribución vencellados ós fluxos portuarios e a procesos produtivos da agroindustria, da pesca ou da distribución comarcal.
E terá, finalmente, impacto no mercado de traballo directo, creando entre 10 e 20 novos postos, e indirecto, a través da loxística do transporte.
Louzán pideu a colaboración de todos (empresas e concellos) para valorizar o Medio Ambiente na provincia e destacou que, coa súa entrada en funcionamento en outono, a Deputación e o Concello de Cambados poderán beneficiarse dun canon pola súa laboura medioambiental.
Estimación de residuos no Salnés e Pontevedra
Na rolda de prensa previa ó acto cos alcaldes e técnicos municipais, Louzán ofreceu datos dun estudio sobre a estimación dos residuos xenerados polas empresas (exceptuando o sector industrial) das Comarcas do Salnés (9 concellos) e de Pontevedra (estudiaronse os concellos de Catoira, Valga, Caldas, Moraña, Portas, Barro, Poio e Pontevedra), que por proximidade son os que máis utilizarán a Planta. Os datos son os seguintes:
- Grandes residuos eléctricos (Neveras, televisións, lavadoras…): 1.551 unidades/ano (Salnés) e 1.848 unidades (Pontevedra).
- Pequenos residuos eléctricos (móviles, lámparas, fluorescentes…): 2.293 unidades/ano (Salnés) e 2.732 unidades (Pontevedra).
- Papel e cartón: 225.622.909 Kg/ano (Salnés) e 279.005.253 Kg/ano (Pontevedra).
- Plásticos: 44.779.409 kg/ano (Salnés) e 55.422.708 kg/ano (Pontevedra).
- Envases metálicos: 263.012.889 kg/ano (Salnés) e 325.708.153 kg/ano (Pontevedra).
- Vidrio: 1.265.263 kg/ano (Salnés) e 1.551.559 kg/ano (Pontevedra).
- Residuos obras domiciliarias: 6.244.749 kg/ano (Salnés) e 7.440.148 kg/ano (Pontevedra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario