O BNG SOLICITARÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM DE TUI ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA

Infogauda / Tui
Segundo o BNG, o Plan Xeral de Ordenación Municipal que será sometido a avaliación da Xunta de Galiza xa non se parece en nada ao que a cidadanía de Tui puido ver na súa exposición publica entre decembro de 2003 e Febreiro de 2004.
Desde aquela até hoxe o Plan Xeral sufriu numerosos cambios e é previsíbel que aínda teña que ser modificado antes da súa aprobación, xa que o documento remitido á Xunta polo Concello de Tui no ano 2008 non responde a todas as modificacións esixidas para darlle o visto e prace.
Isto fai que o PXOM que finalmente se enviará para a súa aprobación sexa considerabelmente distinto ao que foi exposto hai xa sete anos e a veciñanza pode ver as súas propiedades cambiadas de “cualificación” urbanística polos múltiples cambios sufridos polo PXOM ao longo destes anos.
Por estas razóns o BNG pedirá ao equipo de goberno do PP que antes da aprobación final do PXOM, se expoña novamente ao público para que a cidadanía poida coñecer o Plan que se pretende aprobar e mesmo presentar as alegacións que estime oportunas. Trátase dun exercicio básico de transparencia que non se lle debe negar aos veciños e veciñas de Tui.
A maiores, o BNG desexa expresar que Tui merece un Plan Xeral digno e que non sexa moeda de cambio de intereses partidarios entre Acción Tudense e o PP, quen condicionan a negociación da fusión das súas agrupacións políticas á aprobación do Plan Xeral, tal e como teñen manifestado estes últimos días en prensa. O novo PXOM debe estar ao servizo do crecemento e desenvolvemento da cidade e non ao servizo de posíbeis pactos partidarios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario