20 de maio de 2010

OURENSE

ABERTA A PISCINA DA DEPUTACION NO PARQUE TECNOLÓXICO



E A PRIMEIRA DA PROVINCIA EN PRESTAR SERVICIO E ADEMAIS DISPÓN DUN SERVIZO DE ZONA WIFI GRATUITA

Infogauda / Ourense


Aproveitando a previsión magnífica de tempo para están seman con incremento sustancial das temperaturas , a Deputación provincial de Ourense, que xestiona as instalacións deportivas do Parque Tecnolóxico, situadas no Poligono de San Cibrán , declara abertas as instalacións de verán, coa apertura da piscina o aire libre , sendo a primeira da provincia que oferta este servicio. O complexo deportivo terá un horario de dez da mañá a dez de noite, mentres a piscina abrirá todolos días da semana de once e media da mañá a nove da noite . Os prezos que rixen para esta temporada son de 1,50 euros para adultos e maiores de oito anos, e gratuita para os menores de oito anos.Ademais da piscina o complexo conta con un campo de futbol de herba e dous de terra , pistas de basquet e futbol-sala, dous pistas de tenis, e espacios non convencionales habilitados para paseos en bici, jogging, circuito de automodelismo, voley-playa . Os usuarios tamén poderán alugar raquetas, toallas e tumbonas, con servizo de prensa gratuita e zona wifi tamén gratuita. As instalacións compleméntanse cunha cafetería-restaurante e amplo aparcamento cuberto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario