20 de maio de 2010

OURENSE

O MARATÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS, ESTA FIN DE SEMANA EN ANTELA




Infogauda / Ourense
Un total de 85 cabalos, xinetes internacionais, o patrocinio por parte do Príncipe de Qatar e a participación da súa corte de cabalos para percorrer distancias de ate 160 quilómetros son algúns dos aspectos máis salientables do Campeonato de España de Raids hipico que se vai celebrar esta fin de semana na comarca da Limia e que terá como centro operativo o Centro Ecuestre de Sandiás.
“Non hai hoxe en España un percorrido da calidade do que se vai celebrar esta fin de semana en Ourense”. Así se manifestou Conchi Romero, membro do comité organizador da proba na súa presentación esta mañá e que percorrerá os diferentes concellos da comarca da Limia nas tres probas que se van celebrar, unha o sábado de 160 quilómetros e duas o domingo, de 80 e 120 quilómetros de distancia. O Raid é unha proba hípica contra o reloxo con controis en diferentes tramos do percorrido nos que se analizan as condicións dos cabalos e a conveniencia ou non de que continuen.
A esixencia deste tipo de probas maniféstase en que únicamente rematan un 30 por cento dos inscritos, como sinalou Félix Lorente, o xinete ourensán que se atopa entre a élite neste tipo de disciplinas e que engadíu que a esta proba asistirían os 10 mellores cabalos do mundo na actualidade.
Respecto ao apoio do Príncipe de Qatar a esta proba, desvelou que o Príncipe correu de incógnito na proba do ano pasado e que posiblemente o éxito da mesma foi o que o levou a prestar o seu apopio nesta edición, para a que hai un presuposto que supera os 120.000 euros, sen contar a loxistica e apoio do Centro Ecuestre da Deputación.
O Presidente da institución provincial, José Luis Baltar, dixo que ao centro ecuestre hai que denominalo “Centro Ecuestre de Galicia” pola súa calidade e os seus servizos, algo que ratificou Félix Lorente ao sinalar que “nin os cidadáns nin as institucións son conscientes da importancia que teñen estas instalacións”.
As probas de Raid realizanse en formato de “flor de margarita”, con saída no centro ecuestre, ao que se retorna cada 90-120 minutos, polo que é o mellor lugar para presenciar o paso dos cabalos e os seus controis.
Na xornada do venres empezan xa as verificacións - pola mañá - e un acto de presentación da proba ás 18:00 horas. O sábado a saida é ás 7:00 horas e os primeiros cabalos rematarán a carreira a partires das 19:00 horas, con pasos permanentes polo hipódromo. O domingo, as salidas son ás 8 e 9:00 horas. Existe servizo de cafetería e restaurante.Os dous españoles primeiros clasificados quedan seleccionados para participar nos xogos ecuestres mundiais integrando a selección española.

Ningún comentario:

Publicar un comentario