CURSO SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EN XINZO
Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense, a través do negociado de Fromación Contínua, porá en marcha dende hoxe un curso sobre administración electrónica e o uso do DNI electrónico e a sinatura dixital, a desenvolver no concello de Xinzo, dentro do plano de descentralización das actividades deste servizo.
O curso desenvolverase entre os día 19 e 28 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
O curso desenvolverase entre os día 19 e 28 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
PRESENTACIÓN
A Excma. Deputación Provincial de Ourense, no marco do Cuarto Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, deseñou para o ano 2009 un novo Programa Provincial de Formación Continua, de carácter agrupado destinado á realización de diversas accións formativas dirixidas ó persoal da Administración Local de Ourense. No citado plan de formación continua, aprobado pola Comisión de Formación Continua na Administración Local o 27 de marzo de 2009 e subvencionado polo Ministerio de Presidencia, segundo a Resolución do 5 de maio de 2009, contémplouse un ano máis a Área de Informática e Novas Tecnoloxías.Dentro das actividades de formación programadas nesta área convocouse o “CURSO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA: DNI ELECTRÓNICO E SINATURA DIXITAL”, publicado no BOP n.º 2, do 4 de xaneiro de 2010.
DESTINATARIOS DO CURSO
• Empregados públicos locais de tódolos grupos de titulación, especialmente C1 e C2, que deban realizar labores administrativos con mecanización informática.• Persoal da Administración Local que teña realizado algún curso de informática básica anteriormente e con coñecementos previos de internet.• Persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.
REQUISITOS: COÑECEMENTO DO CONTORNO WINDOWSE MANEXO AVANZADO DE INTERNET.OBXECTIVOS DO CURSO
• Desenvolver nos asistentes as aptitudes aplicables á actividade profesional sobre o marco legal existente na Administración electrónica, para que poidan aplica-losmedios electrónicos á xestión administrativa con plena seguridade xurídica.
• Estuda-la normativa existente en materia de seguridade informática e Administración electrónica afondando na Lei 59/2003 de sinatura electrónica e na Lei de accesoelectrónico dos cidadáns ás Administracións públicas.
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Duración: 20 horas lectivas.Datas de realización: do 19 ó 28 de abril de 2010.Horario: de17:00 a 20:00 horas; de luns a xoves.
Lugar: aulas de Academia Multixesgal. Rúa Rosalía de Castro, 9. Xinzo de Limia.
PROGRAMA
1. BASES CONCEPTUAIS DA SINATURA ELECTRÓNICA.
1.1. Fundamentos de criptografía aplicada á sinatura electrónica.
1.2. Conceptos de sinatura electrónica.
1.3. Funcionamento da sinatura electrónica.
1.4. Certificados electrónicos. Sistemas de certificación.
1.5. Efectos xurídicos da sinatura electrónica.
1.6. Beneficios e vantaxes da aplicación da sinatura para as organizacións.
2. A SINATURA ELECTRÓNICA. CERTIFICADOS DE REPRESENTANTE E DE PERSOA XURÍDICA.
2.1. Garantía de integridade e autenticidade de orixe.
2.2. Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.
2.3. Directiva 99/93, que establece o marco comunitario para a sinatura electrónica.
2.4. Tipos de sinatura: simple, avanzada e recoñecida (ou cualificada).
2.5. Certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados.
2.6. Certificados de persoas físicas, certificados de representante, certificados de persoasxurídicas.
2.7. Sinatura electrónica avanzada. Modalidades: básica, datada, validada.
2.8. O DNI electrónico.
2.9. Portasinaturas. Sinaturas individuais e sinaturas por lotes.
3. CARACTERÍSTICAS DOS DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS.
3.1. Elementos que afectan á autenticidade dos documentos electrónicos.
3.2. Transición do documento en papel a electrónico e a inversa. Validez da transcricióna papel dos documentos electrónicos e da dixitalización certificada.
3.3. Xestión de documentos electrónicos a longo prazo. Lexibilidade de formato.
3.4. Conservación dos documentos electrónicos con valor probatorio. Arquivo de constanciaselectrónicas.
3.5. Estándares a considerar: ISO 15489, Moreq.
4. NORMATIVA RELATIVA ÓS DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS NA ADMINISTRACIÓN E NO SECTORPÚBLICO E PRIVADO.
4.1. Manexo de documentos electrónicos na empresa, na Administración e nas instanciaslitixiosas (xudiciais e arbitrais).
4.2. Normativa sobre comercio electrónico, contratación electrónica e normativa deadministración electrónica.
4.3. Normativa aplicable: Orde ITC/1475/2006, do 11 de maio, sobre utilización do procedementoelectrónico para a compulsa de documentos no ámbito do Ministerio deIndustria, Turismo e Comercio.
4.4. LSSI-CE: Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, LAECAP:Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas. LMISI: Leide Medidas de Impulso da Sociedade da Información.
4.5. Contratación Electrónica.
4.6. Valor probatorio dos documentos electrónicos.
4.7. O papel do fedatario dos documentos electrónicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario