PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “MEMORIAS ROTAS. BALADA DO COMANDANTE MORENO” E CICLO DE CINE CHINÉS
Infogauda / Ourense
Este documental, que se proxecta hoxe no Centro Cultural, é unha das poucas crónicas audiovisuais existentes referidas á Guerra Civil española en Galicia e será proxectado ás 20:30 horas, nun acto promovido pola asociación “Amigos da República”. Mentres, mañá, martes, día 20 de abril empeza tamén no Centro Cultural un ciclo de cine chinés. Será tódolos martes, ate o día 18 de maio.
Outubro de 1937. Cae Asturias en mans do exército franquista. Cercados, os combatentes republicanos intentan fuxir por mar. Un grupo de loitadores antifascistas galegos, pertencentes ao Batallón Galicia e liderados polo anarquista José Moreno Torres, fracasado o seu intento de fuxida diríxese a Galicia perdéndose o seu rastro nos montes do Acevo, na fronteira entre Asturias e Galicia. Nin os seus familiares, nin os seus compañeiros souberon nunca cal fora o destino do grupo. Con todo, e a pesar da represión que instaurou durante anos o franquismo, nos pobos próximos ao Acevo comezou a circular un romance popular que daba conta dos últimos momentos deste grupo de homes.Quen de nenos foron testemuñas daqueles sucesos ou receptores dos relatos de quen os contemplaron e o propio romance aínda vivo de boca en boca, dan conta en MEMORIAS ROTAS do doloroso destino que no pobo do Acevo sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.Esta longametraxe en formato documental está dirixida por Manane Rodríguez, quen ten sido premiada en importantes festivais como Valladolid, Toulouse ou Turín.

TRAILER MEMORIAS ROTAS
Os martes, días 20 e 27 de abril, 4, 11 e 18 de maio o Centro Cultural da Deputación acollerá as proxeccións dun ciclo de cine chinés que, baixo o título xenérico de “Paixóns de oriente” traerá importantes realizacións chinesas en versión orixinal subtitulada.Con entrada libre e sempre ás 20:30 horas o ciclo ábrese mañá, día 20, coa película “Quero estar contigo”, que foi premiada coa Cuncha de Prata ao mellor director e ao mellor actor no Festival de San Sebastián.“Belos pés grandes” (27 de abril), “O nó” (4 de maio), “Tal vez amor” (11 de maio) e “Marzo florido” (18 de maio) completará o programa. Todas son películas con recoñecemento internacional ou seleccionadas para os Oscar.Este ciclo está promovido pola asociación "Yin Yang" de Ourense, en colaboración coa Embaixada de China e o Centro Cultural da Deputación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario