VARIAS ZOAS DE SALCIDOS LEVAN DÍAS SEN ALUMEADO PÚBLICO
Infogauda / Salcidos
Varios veciños da parroquia de Salcidos (A Guarda) dirixíronse a Infogauda para salientar que desde fai días están sen alumeado público. En concreto nas zoas de A Portela, Baliños, Cruceiro Pinto, A Cruz,...
"Parece mentira - dixo a este xornal dixital un dos veciños afectados - que vindo, como veñen, á unha coñecida taberna, certos persoeiros sociatas, non teñan a máis mínima consideración e ainda non se dignaran comunicar ó concello, para que mandasen arranxar o alumeado. Nin que os veciños de Salcidos non pagásemos impostos".
Logo de contrastar oportunamente a información antes de pubrica-la en Infogauda, outra persoa remesou un correo electrónico a este xornal, para decirnos: "Es cierto, es como la boca de un lobo, no se ve absolutamente nada, hasta los perros están más alerta ante cualquier ruido extraño".
Asemade, na mañá de hoxe, un veciño do Aloqueiro, tamén corrobourou que "(...) a verdade, non podemos entender como nos teñen así. De noite ata dá medo andar polo camiño. A estas alturas do século XXI non teñen disculpa posible".
Ningún comentario:
Publicar un comentario