25 de abr. de 2010

GALICIA

Grande acollida en Portugal ao primeiro filme en lingua galega que chega ás salas comerciais do país veciño

· Cartel de Pradolongo , o primeiro filme en galego que se estrea nas salas de cine de Portugal
Infogauda / Galicia
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho foi o promotor da estrea de Pradolongo, que se exhibiu durante esta semana en Braga.
En Barcelona, o Centro de Estudos Galegos da UB celebrou o Sant Jordi cun recital do escritor e xornalista Manuel Rivas.

Cultura e Turismo destina 45.000 euros para impulsar a presenza das galerías e os artistas galegos en feiras de arte contemporáneo

· O conselleiro de Cultura, cos galeristas


O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou coa presidenta da Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia, María Luisa Marimón Nieves, un convenio de colaboración para a utilización dos espazos necesarios nas Feiras de Arte Contemporáneo.
Roberto Varela destacou que este convenio “ten dobre función, por un lado facilitar que as galerías de Galicia acudan a feiras internacionais, e por outro, garantir a presenza dos artistas galegos nesas feiras”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario