O CLUB DE REMO CHAPELA ACADOU A XII BANDEIRA CONCELLO DA GUARDA – MEMORIAL ANTONINO TORRÓN FERNÁNDEZ

Infogauda / A Guarda
Con un campo de regatas en boas condicións, aínda que se notaba a oleaxe dentro da badía do porto da Guarda, na tarde de onte tivo lugar a regata de bateis correspondente o Campionato Galego de Bateis, Territorial Sur, na que se disputou a XII Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino Torrón Fernández.
O evento deportivo, magníficamente orgaizado polo Club de Remo Robaleira da Guarda, contou coa presenza da nai e da esposa de Antonino Torrón, que un ano máis participaron na homenaxe a lembranza de Tonino - membro fundador co C. R. Robaleira, falecido prematuramente en accidente de tráfego -, e participaron, xunto cos concelleiros Javier Crespo e Xán Lois Lomba, na entrega das medallas os timoneis das embarcacións que acadaron os tres primeiros postos de cadansúa das sete categorías disputadas.
O desenvolmento da regata, que contou con unha climatoloxía favorable, foi presenciado polos siareiros dos diferentes clubes, que se situaron en varios lugares do entorno do campo de regatas, salientando a presenza de seguidores do C. R. Robaleira que portaron bandeiras co logo do clube e fixeron soar seus bombos animando os remeiros da Guarda.
Ainda que non gañou ningunha regata, grazas a súa regularidade nesta regata (fixeron tres segundos postos, dous terceiros e un cuarto), o Club de Remo Chapela, con 32 puntos, acadou a XII Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonio Torrón de Bateis.
Con 30 puntos, Vilaxoán foi o segundo clube da clasificación, seguido de Robaleira con 23.
Compre salientar ás dúas victorias do Club de Remo Robaleira e Samertolameu, respectivamente.

CRASIFICACIÓNS
Promesas féminas: 1. Amegrove, 5.01.54; 2. Vilaxoán, 5.05.11; 3. Robaleira, 5.14.42.
Xuvenil féminas: 1. Robaleira, 10.12.31; 2. Vilaxoán, 10.16.35; 3. Chapela, 10.19.20.
Absoluto féminas: 1. Samertolameu, 9.41.53; 2. Bueu, 10.16.42; 2. Mecos, 10.16.91.
Infantil masculino: 1. Vilaxoán, 4.43.75; 2. Chapela, 5.04.68; 3. Tirán, 5.09.88
Cadetes: 1. Tirán, 7.01.08; 2. Chapela, 7.04.32; 3. Mecos, 7.09.08.
Xuvenís: 1. Robaleira, 9.14.02; 2.Vilaxoán, 9.16.44; 3. Chapela, 9.23.96.
Absolutos: 1. Samertolameu, 8.49,41; 2. Chapela, 8.54.16; 3. Tirán, 8.59.12.
Ningún comentario:
Publicar un comentario