O BNG denuncia o peche de Fernández Albor sen alternativas
O portavoz municipal do BNG insta ao Alcalde a buscar medidas compatibilicen as obras da Senda Litoral cos dereitos dos veciños e dos negocios da zona.
BNG / A Guarda

O pasado venres, 26 de febreiro, veciños e veciñas da rúa Fernández Albor recibiron unha nota informativa da empresa adxudicataria das obras da Senda Litoral. A nota anunciaba o peche da rúa durante o mes de marzo.
Ante esta situación, o pasado 27 de marzo, o BNG presentou un escrito no rexistro do concello no que se insta ao Alcalde a estabelecer contactos coa empresa adxudicataria na procura de medidas que compatibilicen as obras cos dereitos dos veciños e dos negocios da zona.
Hai que lembrar que na zona existe unha grande cantidade de negocios dedicados á hostalaría que se ven afectados por medidas deste tipo, sen alternativas que faciliten o aceso de persoas á zona do porto. Ademais, indicar a situación que van a sufrir os veciños da rúa, onde coa prohibición de pasar durante o desenvolvemento das obras, non poderán acceder aos garaxes, …, sen esquecer que se corta unha vía de comunicación importante dado que é a única alternativa real á actual baixada ao porto por Concepción Arenal.
Entre as medidas suxeridas dende o BNG están a sinalización adecuada do corte da rúa Fernández Albor, habilitación do paso pola rúa en horario nocturno e nas fins de semana, así como a suspensión das obras durante o período da Semana Santa pola importancia que ten para o sector hostaleiro guardés.
Asemade, o BNG considera que non é de recibo enviar un aviso do peche da rúa aos veciños e veciñas con soamente 3 días de antelación e sen abordar alternativas para non lesionar os dereitos de usuarios e negocios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario