20 de feb. de 2010

OPINIÓN

ESQUERDA UNIDA SOLICITA QUE A XUNTA DE GALICIA APOIE A [REAL] ACADEMIA GALEGA
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Esquerda Unida manifesta a súa reclamación a prol dunha dotación orzamentaria propia, estable e suficiente para garantir os cometidos e obxectivos, valiosos e ambiciosos de seu, da nosa Academia Galega.

Para Esquerda Unida é inaudito que unha Academia, que cumpre funcións indispensables para a nosa lingua e cultura e que protexe unha bagaxe histórica incalculable para o noso país, non conte con orzamento específico da Xunta.

As finalidades da Academia Galega son merecentes dun tratamento específico nos orzamentos galegos, que permita o funcionamento diario e mantemento do inmoble da Academia. A realidade é que a situación, denunciada pola propia institución, non é aceptable e deixa en evidencia o desinterés deste Goberno e dos anteriores coa institución de Fontenla Leal, Curros Enríquez e Manuel Murguía.

Dende Esquerda Unida do Baixo Minho solicitamos:

Unha dotación económica extraordinaria para atender as necesidades inaprazables e urxentes da Academia Galega.
Que no vindeiro orzamento a Xunta de Galicia tenha unha partida propia adicada para potenciar unha institución insustituible para a nosa Nación.
Que o Concello faga chegar a Xunta esta iniciativa de Esquerda Unida.
OPINIÓNS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Manda Cara....con Sr. GoNzález Morais, pide axuda para "Real Academia Galega" é que teÑa partida propia para potenciar a InstitucióN insustituible.... é despois éste ToniÑo dedícase a escribir como lle peta sin respetar para nada a (R.A.G), e no usa ÑÑÑÑ de EspaÑa porque escribe en Portugués Espanha, Baixo Minho etc, e tamén nombra a escritores galegos como Fontela, Curros Enríquez, Manuel Murgía que sempre escribiron con ÑÑÑÑ. Sr.González Morais respete para que ó respeten e estudie galego da R.A.G.
Saludos a todos os lectores é a INFOGAUDA de (Ó Cabaqueiro).
Para O Cabaqueiro:

No galego e no castelán antigo, ou medieval (dende o século XII) non existía a letra ñ. Usábase a dobre nn. Exemplo annus. A partires do século XIV foi cando se adoita de forma habitual escreber con a letra ñ. Imposición da burguesía ou clases altas, dominantes, que manipularon e violaron as linguas neolatinas. Hoxe facemos o mesmo. Creo que nh é de orixe occitano, lingua falada no sur de Francia e nos montes dos Alpes fronteira con Italia.
En algunhas cousas considérome un reintegracionista (contra a normativa oficial) esta é unha das causas de renegar da letra ñ na escritura galega.
Sabías que o actual presidente da ”Real” Academia Galega afirma que Galicia non tén Sur e que Portugal non ten Norte. ¿Sabes o que significa isto?. Por afirmar isto non significa que non ten idea de xeografía.
Eu son galego coma tí, pero Ferrín, (xa tén bancada), súa banda non me convence, son galegos contra a “chusma”, “tropa”,..., defende aos adinheirados, e puristas que inventan palabras que aniquilan a nosa lingua. (O Méndez dí, non venho facer política quero facer galeguismo,... ja...ja...ja... o tempo dirá.
Pedir orzamento para a “Real” Academia Galega é de sentido común, somos un país, somos nación, e temos o dereito de pedir autodeterminación.
Agradezo a crítica, e con todo respecto, creo que non tés capacidade de saber cal é a verdadeira razón da defensa da nh en vez da “ñ”.

José Antonio González Morais

Anónimo dixo:

Boas tardes a todos os lectores:

Ó ToÑo - González Morais é un home "CAPACITADO" segun él, denomínase >reintegracionista<...manda huev... (retro-integrado), dís que a EÑE foi imposta por a Burguesía de clases altas >ou sea os malos< é o pueblo llano ou sea nós >os bós<>

A R.A.G ou a EspaÑola, a súa misión é integrar o modo de falar do "Pueblo", a lengua-lingua tén vida é non é retrógada. Finalizo a crítica, porque con un home tan CAPACITADO en lengua-lingua de orixen OCCITANO, os galegos pueblerinos non somos capaces de asimilar tan altas cotas.

F I N.

Saludos a os lectores é a INFOGAUDA. (Ó Cabaqueiro)

Ningún comentario:

Publicar un comentario