XUVENTUDES DO PSOE.... A QUEN REPRESENTAN?
Días pasados lin nunha páxina de internet, unha nota asinada polas Xuventudes do PSOE da Guarda, a cal merece máis dun comentario. É evidente, que coa vosa opinión sobre o tema das vivendas protexidas e a necesidade que delas tén a nosa xuventude, só estades a facer política de saldos. Cómo poderían acceder a elas calquera dos nosos mozos que non teñen traballo, e son moitos, ou eses aos que se lles vai unha gran parte do soldo en viaxes por ter que irse todos os días a Vigo xa que aquí non conseguiron nada, ou no mellor dos casos se tiveron a sorte de encontrar algún traballo preto de casa, teñen uns xefes que a van de legais e legalistas e páganlles unha miseria, pero deben asinar por un salario que nin sequera cheiran??? Vós de que lado estades realmente? Do desa xuventude que primeiro necesita un traballo para poder sequera pensar en irse de casa dos seus pais, ou do lado dos nenos progre con roupa de pijo e carteira chea aos que lles vai ben facerse os socialistas???
Saístes algunha vez a camiñar todos os días entregando currículo para non conseguir traballo??? E xa non digo conseguir do que estudásedes, senón ALGÚN traballo. Primeiro o primeiro, ter un traballo digno e rendible que permita soñar con algo máis, necesario e merecido sen dúbida alguna, pero nunca escoitóusevos reclama-lo. Claro, é difícil saber todo isto coas alforxas cheas e traballando con papá ou algún dos seus amigotes que nos consegue un enchufe.
Se realmente desexades falar en nome da xuventude, ou vos sentides parte dela, preocuparvos por saber realmente que é o que senten, o que os angustia, o que os inquieta, e non vos escondades detrás do título de Xuventudes do PSOE da Guarda, representando só os vosos xefes e ás vosas própias ambicións, ou é que acaso todos os mozos do PSOE guardés teñen traballo???? Non vos afecta a ningún de vós o 19% de paro ao que o voso xefe supremo GEPPETTO nos está a someter??? Se é así... sorte que tedes!!
A vivenda protexida na Guarda é IMPRESCINDIBLE, pero non a calquera prezo, nin de calquera xeito, nin en calqueira lugar, pero claro, se nos decatamos do tema, tarde mal e a rastro, hai que logo facer todo a présa e correndo, e se non nos decatamos, é simplemente pola incapacidade dos nosos gobernantes, e a ineficiencia dos da Xunta, que por casualidade do destino, eran todos do mesmo partido naquela época, avalados polos folclóricos do BNG que tampouco se decataron. Ah! Esquecíame, é certo iso que dín que o diñeiro non dá intelixencia, pero eu engádolle, tampouco educación.

A próxima vez que vaiades aos plenos, procurar mantervos educadamente entre o público, porque máis que ir a escoitar e interesarse polo que alí se debatía, fostes a facer o pallaso cos vosos comentarios e risadas, actitude pouco propia e nada representativa da valiosa xuventude que temos neste pobo, pero claro, de tal pau tal fillo, e se os xefes da CORTE actúan como o fán sendo algúns deles profesores, é normal que os alumnos copien sen cuestionar. Que todo se sabe e se comenta neste pobo. É o máis ridículo é o que primeiro chega aos oídos dos mosquitos.
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
ANÓNIMO:
Ánimo moskito tí eres o heroe k necesitaba A Guarda.
ANÓNIMO:
Este moskito usa os mesmos argumentos que as xuventudes do pp, ou é deles ou tén moi pouca imaxinación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario