“Os obxectivos están claros: garantir a capacidade produtiva dos nosos labregos e gandeiros; que a Política Agraria Común sexa unha rede de seguridade do sector; e por último, que haxa mecanismos dabondo para unha xestión eficaz dos mercados”, explica.
Resalta a necesidade de que os gobernos declaren “ao sector agroalimentario como un sector estratéxico da economía”.
Sinala que “resulta moi difícil manter aos sectores cando no se cobren custes, e é moi difícil dicirlle aos produtores que sigan producindo un produto cando non se coñece o prezo”.
Destaca algúns dos programas que se veñen desenvolvendo durante os últimos meses en materia agraria, como “o Plan Estratéxico para o sector lácteo, con medidas a curto, medio e longo prazo”.
Invita á administración central a sumarse a o gran pacto da PAC para que se escoite a voz de Galicia como “unha das grandes potencias agrarias de Europa”.
Medio Rural incrementou no 2010 o orzamento para os danos causados pola fauna salvaxe
A Xunta destina este ano a maior cantidade habilitada ata o de agora para tal fin.
Máis de 100.000 galegos poderán optar a axudas de ata 11.600 euros para arranxar as súas vivendas dentro dos novos obxectivos de Áreas Rehabilitación
Agustín Hernández e Beatriz Corredor presidirán o luns a Comisión Bilateral na que se asinarán os novos convenios para as ARIS de Galicia, e na que se aprobará a nova Área de Rehabilitación co Camiño de Santiago – Camiño Francés.
Trátase dos primeiros convenios que se asinan no marco do Plan de Vivenda 2009-2012, que establece un total de 6.250 obxectivos de rehabilitación fronte aos 4.864 obxectivos do Plan de Vivenda anterior, o que supón un incremento do 28,5%.
Deste programa poderán beneficiarse mais de 100.000 persoas que residen no ámbito das 43 áreas de rehabilitación, e prevese que servirán para crear arredor de 3.500 postos de traballo.
As axudas poden acadar o 75 por cento do orzamento das obras nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos e núcleos rurais.
Os concellos tamén poderán realizar obras de urbanización e reurbanización, con axudas de ata o 60 por cento do presuposto.
Rehabilitaranse 1.000 vivendas emprazadas en 43 áreas de rehabilitación de 30 concellos.
Catorce áreas de rehabilitación están na Coruña, 12 en Lugo, 8 en Ourense e 9 en Pontevedra.
Na reunión bilateral que se celebrará o próximo luns vaise declarar a área de rehabilitación do Camiño Francés de Santiago, á que seguirá máis adiante a declaración das áreas de rehabilitación do resto de rutas do Camiño de Santiago.
Dende a creación da figura das áreas de rehabilitación en 1996, no marco do Plan de Vivenda 1996-1999, incluíronse en convenios un total de 8.688 vivendas, cuxa rehabilitación supuxo un investimento de mais de 200 millóns de euros.
Roberto Varela apoia en Madrid a presenza de galerías galegas na feira ARCO de arte contemporánea
A Consellería de Cultura e Turismo ten previsto destinar 40.000 euros en 2010 para respaldar a asistencia das galerías galegas ás feiras internacionais.
Economía e Industria impulsará unha normativa galega que regule o emprego da enerxía xeotérmica para situar Galicia á vangarda da eficiencia enerxética
O emerxente sector da xeotermia en Galicia, aglutinado dende agora na primeira Asociación Clúster da Xeotermia Galega de España, verase reforzado tamén pola elaboración dun plano estratéxico do sector da enerxía xeotérmica que permitirá afrontar con garantías os retos e os desafíos futuros.
Xa se está a traballar na elaboración dun importante mapa do sector a través dun proxecto de I+D+i que permitirá identificar as potencialidades do territorio galego para a captación e utilización da enerxía xeotérmica.
Con todas estas actuacións, o departamento que dirixe Javier Guerra pretende eliminar as posibles barreiras que esta tecnoloxía poida ter e dar resposta á sociedade galega, que demanda tecnoloxías eficientes e limpas co medioambiente.



Ningún comentario:
Publicar un comentario