DESTINATARIO: UN CONCELLEIRO DE A GUARDA
A semana pasada, logo de moito tempo de ausencia dos comentarios aos que nos tiña afeitos un edil do noso pobo, volvemos encontrar en Internet as súas frases punzantes. Preguntámonos qué era o que estivera a pasar dende a lexislatura na que él era parte activa do goberno ata o momento da súa reaparición. Cremos que estivo de vacacións, ou polo menos vacacións de comentarios audaces. Mesmo nos plenos, o seu papel estivo bastante deslucido, por non dicir case fantasmagórico. Demasiado light para todas as cousas que suceden día a día neste bendito pobo. Proba diso, son as súas faltas de respostas en moitas ocasións, á chulería e prepotencia da CORTE actual. Está moi ben meter escritos a diario, ou varios ao día, ou denunciar por escrito mil e unha picardías que fán e deixan de facer, abusando da súa maioría absoluta. Pero nós, merecemos saber sen tanto número de artigos e tecnicismos, o nome do muxo que nos están a intentar vender como bacallau de primeira. Sr. edil está na oposición, e iso xustamente significa estar na beirarrúa de en fronte dunhas personalidades coas que se eu mal non recordo, tén ou tiña algunhas contas que axustar. Polo menos iso é o que eles pregoaron a destra e sinistra durante a última campaña electoral, xunto coas 21 promesas falsas con que enganaron xente angustiada, utilizando así os votos para chegar ao trono guardés. Dicían que os levaban ao xulgado por corruptos. ¿Qué pasou con todo aquilo?
Na prensa estiveron moito tempo na palestra, tanto vostede coma o seu socio daquelas épocas (Riego). ¿Pero en qué rematou todo? Presos non estades porque se vos ve por ahí. Pero tampouco, polo menos no seu caso, escoitóuselle comentar o tema. Non me parecía vostede do tipo dos que ante o ataque pón varias veces a meixela, pero visto o visto....
Finalmente, Sr. concelleiro, espero que o seu regreso á area sexa para continuar á vella usanza co seu traballo de opositor a este circo cortesán.
ZZZ......MOSQUITO CAPÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario