8 de feb. de 2010

OURENSE

APOIO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE Á REAL ACADEMIA GALEGA


O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, anunciou hoxe durante á audiencia oficial ao novo presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, que a institución provincial asumirá un compromiso económico coa RAG “para apoiar e potenciar unha institución clave e esencial na defensa do noso idioma, motor da nosa lingua, e base fundamental para entender a identidade de Galicia”.

Infogauda / Ourense

Baltar dixo que a colaboración entre a Deputación de Ourense e a RAG, terá como marco un convenio de colaboración que ambas entidades asinarán “para que dende a Deputación poidamos contribuír a paliar os problemas económicos que ten a Real Academia Galega, institución que sempre nos terá do seu lado para traballar pola defensa do noso idioma”, explicou o presidente provincial.Méndez Ferrín y outros membros da RAG realizaron hoxe a súa primeira visita a unha institución pública dende que foron elididos como integrantes da nova directiva da Real academia. Ferrín lembrou a longa tradición “de axuda e compromiso” da Deputación de Ourense coa cultura galega, que converte a esta institución nun referente de apoio á nosa lingua. Agradeceu ademais o anuncio de José Luis Baltar de asinar proximamente un convenio de colaboración, “porque aínda que hoxe non tocaba falar de cuestións económicas, este ofrecemento do presidente provincial é moi de agradecer”.Méndez Ferrín dixo que a RAG debería financiarse como acontece con outras institucións homólogas, e citou como exemplo a academia de Euskadi, que conta con financiamento autonómico e tamén do Goberno Foral de Navarra e mesmo de Francia. Na RAG traballan la actualidade 28 persoas e desenvólvense proxectos como a actualización constante do diccionario galego; proxectos de gramática, toponimia e onomástica, “para o cal faise necesario contar cun orzamento anual que permita planificar o traballo e os proxectos”, dixo Ferrín. O presuposto anual da RAG ronda na actualidade os 1,2 millóns de euros.José Luis Baltar agradeceulle a Méndez Ferrín que a Deputación de Ourense sexa unha das primeiras institucións que visitan os membros da RAG, “unha deferencia que valoro de maneira extraordinaria”, dixo e engadiu: “Non negarei que dende sempre a Deputación de Ourense tivo claro o seu compromiso identitario con Galicia e cos nosos sinais propios. Por iso, dende principios dos anos 90 acordamos que o galego sería a nosa lingua oficial e que nela estarían as nosas publicacións e os nosos documentos”.Baltar -quen novamente amosou “o rotundo apoio da Deputación” á nominación de Méndez Ferrín para o premio Nobel-, afirmou que a harmonía lingüística é algo que debemos recuperar entre todos. A Academia ten un valor moral que non podemos desprezar e estou seguro que axudará a construír pontes e abrir camiños para que os sectores que hoxe están tan distantes poidan atopar lugares comúns de encontro”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario