8 de feb. de 2010

BAIXO MIÑO

ESQUERDA UNIDA DO BAIXO MINHO
Solidarízase co xuíz Garzón




Esquerda Unida do Baixo Minho considera unha ironía que o xuíz Garzón poida ser a única persoa que sexa xulgada por intentar abrir una causa contra os crimes do Franquismo. Esta situación demostra una anomalía histórica que non tén precedentes en ningún outro país.
En Espanha miles de persoas comunistas, republicanos, anarquistas, simpatizantes estaban en prisión, e loitaban na clandestinidade en Espaha e no estranxeiro. Estes camaradas solicitaron a política de Reconciliación Nacional, entendendo que para facer efectiva e definitiva esa reconciliación nacional é necesario facer xustiza, é necesario deixar claro que os crímes cometidos pola ditadura franquista son crímes contra á humanidade e que polo tanto no poden ser arquivados nin prescritos.
A construcción dunha Espanha Federal que supere divisións históricas non pode realizarse sobre o reconhecemento da legalidade da dictadura. Outra cosa sería admitir como fonte de dereito o Golpe de Estado del 18 de xullo e a victoria na Guerra Civil, e situar como tribunais lexítimos os emanados desta circunstancia.
Existen contradiccións, por unha parte permítese procesar a outras dictaduras e por outra, négase toda posibilidade de enxuizar os crimes cometidos pola dictadura franquista e seus aliados. ¿Onde está a democracia? Isto é un toque de atención a os poderes públicos e cidadáns que pretendan investigar os xuízos e crimes do franquismo.
Para Esquerda Unida estes déficits democráticos permitirán, o mantemento da impunidade, que hoxe en día existe en relación a los responsables das prácticas represoras desenroladas en Espanha, por parte do Estado franquista, durante case catro décadas.
Os espanholes tenhen o dereito de conhecer a verdade e de acusar aos represores, sabendo que están mortos e enterrados en cemiterios. Non é una cuestión de vinganza, sino de xustiza histórica. “Ollo”, unha parte do poder xudicial espanhol quere restrinxirnos a todos e a todas de ter moito máis clara a nosa historia.
Esquerda Unida do Baixo Minho solidarízase co xuíz Garzón entendendo que súa iniciativa merece todo respecto das persoas que foron víxtimas dunha das dixtaduras más longas da historia europea .

Ningún comentario:

Publicar un comentario