6 de feb. de 2010

A GUARDA

Sr. Alcalde, ou a LEI é para todos ou non é lei

Celso R. Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal

Infogauda / A Guarda
Na redacción deste xornal dixital vimos de receber un comunicado de prensa, suscrito polo concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, referido o que aconteceu o pasado xoves día 4 de febreiro, na Comisión Informativa de Urbanismo, do Concello de A Guarda.
O devandito comunicado dí o seguinte:
Sr. Alcalde, ou a LEI e para todos ou non é lei
O que pasou hoxe na Comisión Informativa de Urbanismo, ven unha vez más a demostrar o séu plumaxe e o dos páxaros que o acompañan na súa bandada (bancada), até o de hoxe, nalgúns temas, non quixemos copiar a súa imaxe de buitre, intentando comer en plan carroñero todo canto caía nas súas garras. Dígolle, mesmo por escrito o que lle dixen de palabra, se tén unha sola proba do que acusou/ insinuou, fágao por escrito e no xulgado, se éu teño algunha cousa cunha empresa (non me culpe a mín tamén da súa creba), fágao público e con datos, ou xa se lle acabou o gas e diante do éxito que tivo na AUDIENCIA PROVINCIAL, donde Vde., e o que manda en vostede quedaron co cú o aire o non conseguir que fóramos condenanos por algo que non fixéramos. Por certo, as dúas pequenas empresas locais que fixeron as obras, Vde., en venganza, a día de hoxe ainda non lle pagou as facturas, e os intereses se están acumulando e indo enrriba nas costas dos veciños, xa que ese diñeiro podería ser adicado a outros gastos. Non se pode tapar a ignorancia, a incapacidade e pior ainda, a impotencia, pondo o ventilador intentando manchar a todo mundo.Vostede a sabendas, pois é o Alcalde e Concelleiro de Urbanísmo, e ten o asesoramento de Abogado, Arquitecto e Aparellador, non pode facer unha cousa cos amigos (seguramente BLANCOS) e castigar a outros (en plan racista) por NEGROS, ou por non amigos. (simpatizantes, militantes, familiares e amigos de persoas vencelladas a outros partidos). A chulería, a prepotencia e sí señor e non señor cos séus sirve na taberna cando mandan os “albariños” e as merendiñas”, pero na Administración Pública, vale a LEI e só a LEI.
Xa anteriormente, pero na SESION ORDINARIA DA COMISION INFORMATIVA DE URBANISMO do 17 de Novembro do 2009, na páxina 17, se deu o debate, e para que non diga que mo inventei, TRANSCREBO: "Sinala o Sr. Lomba Alonso (B.N.G.), que na Comisión anterior se comentou o desmonte de terra que se estaba a levar a cabo no lugar de MAROUCO, carecendo da correspondente licencia municipal de obras, as cales continuaron 3 días despois. Apunta o Sr. Presidente que foi como moito día e medio despois (...)". "(...)Pregunta o Sr. Vicente Ferreira (P.P.) si as obras de desaterro tiñan permiso e si o ten agora, xa que seguiron os traballos de desmonte días despois da celebración da última comisión. E obligatoria a licencia municipal. Responde o Sr. Presidente, que non ten autorización municipal e si é obligatoria por estar vinculada a obra. Pregunta o Sr. Rodríguez Fariñas, si se está pensando en abrir ou non expediente 2 ou 3 meses despois. RESPONDE O SR. PRESIDENTE QUE AS VECES POR SER BÓ PASAN ESTAS COUSAS, E ESTE TIPO DE OBRAS SEGURAMENTE ESTAN SUBVENCIONADAS. Repítolle o que lle dixen hoxe, non sei si das distintas administracións ten subvención esta obra, seguro que a ten do Concello de A Guarda, o non cobrarlle a licencia, ¿Pensa facelo mesmo cos demais veciños? Dígao e así todos saberemos a que ateñernos.
Mire, despois de escoitar as súas estupideces e as bobadas do séu XEFE, do que manda dende a sombra, direille o mesmo que rexistrei no Concello ca entrada nº 685, TEXTUAL: Na Comisión Informativa do 17/11/2009, tal e como o reflexa a a acta da mesma e na celebrada no día de hoxe, as obras de desmontaxe e desaterro iniciadas fai mais de CATRO (4) MESES, no lugar do Marouco e nas que se presentou de construcción de LECUONA CONTRATAS, S.L. representada polo Sr. José Coello Vicente e levada Comisión Informativa de Urbanísmo do día 04.02.2010, nas que se ratifica polo SR. ALCALDE e CONCELLEIRO DE URBANISMO de que dito desaterro non dipón de LICENCIA DE OBRA, asi como tampouco se incoou EXPEDIENTE DE REPOSICION DE LEGALIDADE nin SANCIONADOR, en comprimento da legislación vixente, dende o Grupo Municipal de Te-Ga/INICIATIVA VECIÑAL, SOLICITAMOS a apertura do correspondente expediente (...)".
Que lle quede claro, que non o pedimos por que sí, o PEDIMOS E O ESIXIMOS POR SER DE LEI, non queremos escudarnos na súa falacia de facerlas cousas por ser Bó, ¿Bó en qué, en facelo mesmo para todos ou soio para os amigos? Déixese de pamplinas, a LEI é a LEI, e vostede e a súa orquesta confunde MAIORÍA ABSOLUTA con ABSOLUTISMO, e vostede e algún dos séus músicos que tamén sabe algo de historia, sabe como terminaron ditos paxarracos, na GUILLOTINA, levados polo pobo, e o que pudo fuxiu ao desterro. Si ten capacidade mental, intente traducir o que quero decirlle, senón xa conoce a vía, vaia a Tui e logo nos vemos en Pontevedra. Solo quero decirlle, que bó viaxe.
Mire, no volume de DISCIPLINA URBANISTICA dí:
MOVIMENTO DE TERRA. “Se trata de otro supuesto de sujeción a LICENCIA PREVIA, (los artículos 178 y 179 TRLS establecen que están sujetos a previa licencia municipal de obras, entre otros actos, los movimientos de tierras,..) enumerado en el artículo 168.1 L.S.G. La norma se completa en el Apartado 7 del artículo 10 del REGLAMENTO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA DE GALICIA, que orienta el concepto indeterminado de una deScripción ad exemplum. ..”tales como desmontes, explanaciones, excavaciones y terraplenes….El apartado 7 del artículo 10 del R.D.U.G. exceptúa expresamente de la necesidad de licencia los movimientos de tierras cuando tales trabajos “fuesen detallados y programados como obras a ejecutar en un proyecto de urbanización DEFINITIVAMENTE APROBADO o de EDIFICACION QUE DISPONGA DE LICENCIA OTORGADA.
Polo tanto, se as obras se escomenzaron a facer fai CATRO MESES e a día de hoxe ainda non dispón de Licencia Urbanística, está claro que é OBLIGATORIO e PRECEPTIVO dispor de LICENCIA MUNICIPAL DE OBRAS para facer o desaterro.
O resto, son folcloradas súas e dos séu Xefe, do que manda de verdade. Pero por enrriba dos Vostedes está a Lei, e cando chegue o momento, veremos se a cumplen ou non.
A Guarda, a 04.02.2010
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Representante na COMISION DE URBANISMO
COMENTARIOS DOS LECTORES:
Celso non te nos amedrentes e dalles ben onde lles doa posto que so lles interesa o seu cú xa que eles falaban legalidades que o cumpla, misión imposible por que son os maiores ilegais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario