Mato trasládalle ao Valedor do Pobo os aspectos salientables do Decreto da Dependencia que axilizará a tramitación da Lei en Galicia
Foto: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
A conselleira de Traballo e Benestar expuxo a Benigno López a importancia da nova norma, xa que destacou que permitirá acadar unha tramitación máis áxil e eficaz.
O Valedor do Pobo resaltou que o documento recolle boa parte das demandas que viña facendo desde hai anos a institución que preside.

Os buques de pesca galegos poderían acadar un aforro medio anual de entre o 5% e o 48%, segundo un estudo promovido pola Consellería de Economía e Industria
Son os resultados extraídos de 82 auditorías realizadas, das 90 previstas, no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Centro Tecnolóxico da Pesca co fin de mellorar a eficiencia enerxética no sector pesqueiro.
As análises leváronse a cabo ata o momento en 20 embarcacións de altura, en 10 buques de pesca de litoral e en 52 barcos de pesca artesana.
A porcentaxe de aforro acadable que se pode obter mediante a aplicación das medidas de optimización enerxética propostas varía en función da tipoloxía do buque pesqueiro, sendo os barcos de pesca artesanal os que máis poden diminuír os seus custos.
As conclusións do estudo, cando estea totalmente finalizado, divulgaranse entre os mandos dos barcos que teñan relación directa coa xestión da enerxía para que estes colaboren na execución das melloras de redución do gasto enerxético que han de permitir facer a flota pesqueira galega máis competitiva.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, inaugurarán o VI Encontro de mariscadoras a pé
Mar reúne a representantes de mariscadoras a pé para debater os principais problemas e retos do sector.
Máis de 100 representantes do marisqueo a pé reuníranse en Santiago de Compostela para intercambiar experiencias, debater os temas que afectan ao desenvolvemento do sector e establecer metas de cara aos vindeiros anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario