6 de feb. de 2010

A GUARDA

O BNG denuncia a ineficacia do goberno municipal ante falta de orzamentos para o 2.010



Xán Lois Lomba Alonso, concelleiro portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

“Para o BNG é preocupante a incapacidade do grupo de goberno de aprobar uns orzamentos con maioría absoluta e a descoordinación entre o Alcalde e a Concelleira de Facenda”

Infogauda / A Guarda


O BNG considera inadmisíbel que a inicios de febreiro o grupo de goberno do PSOE non teña presentado os orzamentos para o presente ano, amosando a súa preocupación no último pleno ordinario de xaneiro.
Os orzamentos son o documento que debe plasmar cales son as intencións do grupo de goberno municipal en canto ás actuacións, servizos, inversións, ... que pretende levar a cabo ao longo do ano 2.010. Esta situación pode pór en risco o funcionamento do concello, dado que non se poden actualizar diferentes partidas, nin crear novas en función das necesidades do concello.
Sorprende que o PSOE, que goza de maioría absoluta, non teña feito absolutamente nada neste senso. Asemade, hai que engadir a falta de coordinación entre o Alcalde, José Manuel Freitas, e a súa Concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes, dado que mentres o pasado venres día 29 o Alcalde aseguraba nos medios de comunicación que os orzamentos se estaban a deseñar, a Concelleira de Facenda dicía que os orzamentos estaban rematados e soamente quedaban cuestións técnicas como o troco da estrutura dos orzamentos das entidades locais, troco que o BNG deixou claro que xa se coñecía en 2.008, ante o cal houbo tempo máis que suficiente para tomar as medidas oportunas.
Cando o PSOE estaba na oposición, nomeadamente a actual Concelleira de Facenda, denunciaba que os presupostos que presentaba o PP chegaban tarde e non cumpría os prazos. Hoxe, este grupo de goberno realiza a mesma política do PP, non presentar os orzamentos á tempo e, polo que se ve, a cousa vai para longo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario