CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO PORTAVOZ DE TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL PÓN EN ENTREDITO A EFECTIVIDADE DAS CHAMADAS MULTAS COERCITIVAS
- O destinatario das mesmas é o propietario d´un inmoble - sito na rúa Julián López -, sobre o que existe unha orde de demolición
- Unha mostra da "efectividade" do actual Grupo Municipal de Goberno de A Guarda, é que a multa coercitiva correspondente a maio de 2009, foille comunicada o infractor no pasado mes de xaneiro de 2010
O concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, Celso Rodríguez Fariñas, vén de remesar a redacción deste xornal dixital, unha nota de prensa na que se fai eco do contido dun decreto da alcaldía do Concello de A Guarda, no que segundo afirma o devandito concelleiro, pónse de manifesto como "funciona" o grupo municipal de goberno.
DECRETO 0017/2010
RESOLUCION DA ALCALDIA DO 20 DE XANEIRO DO 2010
PRIMEIRO.- Con data do 30 de xuño do 2008 (R/E nº 5351) ten entrada no Concello de A Guarda sentencia 00453/2008 do Tribunal Superior de Xustiza da Galicia, desestimando de apelación 0004233/2006, interposto por…. En relación dos Decretos da Alcaldía de 20/09/2002 e 18/06/2003 e acordo da Xunta de Goberno Local de 23/11/04, sobre demolición de obra constructiva levada a cabo por…. na rúa Julián López, nº
SEGUNDO.- De acordo cos datos obrantes no Concello de A Guarda, en virtude do Decreto 138/2003 se ordena a demolición e se impón unha multa coercitiva por importe de 300,51 €, (a partir desta época se escomenza a impoñer multas en distintas data, situación que se suspende no momento que os afectados interpoñen a apelación)
TERCEIRO.- ¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿? NON APARECE REFLEXADO NO DECRETO)CUARTO.- ¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?(NON APARECE REFLEXADO NO DECRETO)QUINTO.- Con data do 31 de octubro do 2008 e mediante Decreto 1041 se ordenaba a demolición das obras constructivas levadas a cabo por …. Na edificación da rúa Julián López nº que non se axustan a Licencia nº 187/1993 concedida, no prazo dún mes dende a notificación da presente resolución baixo o apercibimento de que o Concello poderá proceder a execución subsidiaria da orde de demolición ben polo persoal municipal ou contratando a unha empresa especializada, ou a execución forzosa mediante a imposición de multyas coercitivas, reiterables mensualmente ata a consecución da demolición en contía de 300 a 3.000 euros cada unha.
SEXTO.- Contra o Decreto 1041/2008, D…. formulou recurso de reposición que por medio do decreto 11/2009 de 14 de xaneiro declarouse inadmisible e denegouse tamén a suspensión da execución do referido decreto que solicitaba. Que o decreto 11/2009 foille notificado os interesados con data do 16/01/2009
SEPTIMO.- ¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?(NON APARECE REFLEXADO NO DECRETO)OITAVO.- Visto o informe do Arquitecto Técnico Municipal de data 20 de xaneiro do 2010 no que se sinala que non se procedeu a reposición da legalidade e como queira que a data de hoxe non se procedeu por D… a efectuar a demolición acordada, e dacordo coas facultades que me confire o ordenamento xurídico,
RESOLVO.-
Primeiro.- Impoñer a D…. unha multa coercitiva de 300,51 € correspondente o mes de maio do 2009 (a sanción de maio/2009 en xaneiro/2010) ISTO E EFECTIVIDADE DOS PERFECTOS multas coercitivas que se reiterarán mensualmente ata a consecución da demolición en cuantía de 300 a 3.000 € cada unha. (iso no texto, pero a notificación ata agora, fala de sanción de 300)
Segundo.- Notificar a presente resolución os interesados coa indicación dos recursos que sexan procedentes, así como os servicios de Tesourería e de Xestión Tributaria do Concello.
A Guarda 20 de xaneiro do 2010
O Alcalde José Manuel Domínguez Freitas, Ante a Secretaria.
O revisar este Decreto, consideramos que fala por si sólo de cómo funciona o Equipo de Goberno, pero fundamentalmente o Alcalde, si se despistou a Secretaria, e sobran apartados, (entendemos que se despistara nún, pero en catro de oito…) pero tamén reflexa a función de Xan Firmón, pois quen o asume, non o leeu.
No Decreto fálase dunha serie de sancións coercitivas (se na construcción ilegal hai un local comercial, os 300 EUROS, poden ir a gastos de ALUGUER DO BAIXO) POLO QUE A SANCION NON AFECTA PARA NADA.
No día de hoxe, e con R/E nº 904, como Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar da TESORERÍA MUNICIPAL cantas sancións foron abonadas. (unha cousa é metela multa e outra é PAGALA)….¿FARÁSE O MESMO CON TÓDOLOS VECIÑOS? SE A RESPOSTA E POSITIVA, ISTO É UN CHOLLO, SE A RESPOSTA E NEGATIVA, XÁ TEMOS COLEGAS E ENEMIGOS, ¿DIANTE DE QUE SITUACIÓN ESTAREMOS? ¿USARÁN A MESMA VARA DE MEDIR OU HABERÁ TRATO DE FAVOR?
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario