ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO CONCELLO DE A GUARDA UNHA MOCIÓN SOBOR DA DÉBEDA DE HAITÍ

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dado que o terremoto do pasado 12 de xaneiro de 2010 en Haití causou máis de 150.000 mortos, con miles de desaparecidos e desprazados, e causou incalculables danos materiais. Dado que Haití ten contraída unha débeda externa que ascende a un total de 1.885 millóns de dólares, dos cales, en xullo de 2009 a comunidade internacional comprometeuse a cancelar 1.200 millóns, xa que Haití cumprira cos compromisos internacionais para a cancelación de boa parte da súa débeda.
Dado que o Estado español reclama preto de 30 millóns de euros en concepto de débeda externa e que está sometido ao compromiso de cancelación do 100% do que aínda reclama. Dado que o Club de París (que agrupa aos principais países acredores do mundo) reuniuse o pasado 19 de xaneiro e emitiu un comunicado en que “exhortaba a todos os acredores bilaterais de Haití a condonar a súa débeda externa, considerando as necesidades financeiras que afronta este país”.
Dado que boa parte desta débeda foi considerada polas organizacións da sociedade civil destes países como unha débeda ilexítima, contraída a miúdo por gobernos ditadores e corruptos, como foron os da familia Duvalier.
Dado que a campaña QUEN DEBE A QUÉN? (que aglutina a máis de 50 organizacións de todo o Estado español), así como as redes internacionais de débeda como son XUBILEO SUR (movemento de oposición á débeda externa integrado unicamente por colectivos dos países do Sur), EURODAD (rede europea conformada por 59 organizacións que traballa na cancelación da débeda en 18 países europeos), o CADTM (Comité de Anulación da Débeda ao Terceiro Mundo, que traballa en todo o planeta), así como incontables organizacións e movementos sociais de todas partes do mundo están solicitando a anulación total da débeda de Haití.
Dado que existe un alto perigo de militarización da axuda internacional que está recibindo Haití, como resposta á catástrofe que está sufrindo.

Por iso ESQUERDA UNIDA DO BAIXO MINHO propón para a súa aprobación ao pleno do Concello a presente MOCIÓN, cos seguintes ACORDOS: 
1º Reclamar ao Goberno espanhol a cancelación total e inmediata do 100% da débeda externa que aínda reclama a Haití, de xeito inmediato, incondicional e sen ningún tipo de contraprestación, tal e como tamén lle solicita a comunidade internacional.
2º Instar ao Goberno espanhol a realizar unha auditoría da débeda externa que reclama a Haití para esclarecer a orixe desta débeda, contraída por gobernos ditadores e corruptos, como foron os da familia Duvalier e, en caso necesario, tomar as accións pertinentes contra as persoas e/ou administracións que orixinaron ilexitimamente a débeda externa.
3º Pedir ao Goberno espanhol que as axudas que destine a Haití sexan doazóns non reembolsables e que, ningún caso, estas axudas fáganse en forma de créditos FAD (Fondos de Axuda ao Desenvolvemento), créditos á exportación ligados á contratación de bens e servizos a empresas espanholas en mellores condicións que as que ofrece o mercado, pero que acaban prexudicando aínda máis os países receptores, posto que como todo crédito vai acompanhado de intereses, este feito contribúe a incrementar aínda máis a débeda externa destes países.
4º Solicitar ao Goberno espanhol que as axudas que destine a Haití non sexan militarizadas; é dicir, que se outorguen só mediante as administracións públicas civís e organizacións e movementos da sociedade civil organizada.
5º Reclamar ao Goberno espanhol que, nun momento en que ostenta a presidencia de quenda á Unión Europea, inste á comunidade internacional, xa sexan países ou institucións financeiras internacionais onde ten representación (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Banco Interamericano de Desenvolvemento) a cancelar o 100% da débeda que se lle reclama a Haití, de xeito inmediato, incondicional e sen ningún tipo de contra prestación. Do mesmo xeito, que toda a axuda internacional sexa en forma de doazón non reembolsable, non condicionada e de xeito non militarizada. Especialmente, solicitamos a que se inste ao Fondo Monetario Internacional a reconverter o crédito de 100 millóns de dólares ao que se comprometeu, nunha doazón non reembolsable e non condicionada. 6º Trasladar o contido da presente moción á Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; á Dirección Xeral de Financiamento Internacional do Ministerio de Economía e Facenda; á Axencia Espanhola de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación e ao Observatorio da Débeda na Globalización.
A Guarda a 11 de febreiro de 2010
COMENTARIOS DOS LECTORES:
Boas tardes Sr. González Morais, empezou vostede o artículo de ahí arriba usando a (Ñ), e pensei >rectificar é de sabios<, pero nó despois volve usar ó modo Portugués ou sea-ESPANHA-, pero home de Dios, que os de Camposancos usamos a (Ñ) que a sua Nai chamáballe ToniÑo cuando era pequeniÑo, que lle decía meu mociÑo, filliÑo pequerrichiÑo, que os seus amiguiÑos tamén lle chamaban ToniÑo que vostede está de éste lado do rio MiÑo que é do Couto-Camposino é todo mundo fala co a EÑE, é todo o pueblo Galego tamén.- Rosalía Castro, Castelao, Cunqueiro, etc... en fin todos os grandes Escritores galegos usaron a EÑE, >e logo dicen vostedes que defenden o galego<>
Por outro lado a deuda que máis nos importa é a nosa, á EspaÑola, e naide no la perdona, pagarémola todos maiormente os "Paganos" de sempre ou sea o pueblo traballador.
Saludos a todos os lectores de esta Páxina de (Ó Cabaqueiro) 
Ningún comentario:
Publicar un comentario