8 de feb. de 2010

MALLORCA

SERAFÍN MARTÍNEZ PARTICIPA NA XIX CHALLENGE CICLISTA A MALLORCA



Infogauda / Mallorca


A XIX Challenge Ciclista a Mallorca, é a proba inaugural do calendario ciclista internacional da tempada en Europa. Comezou onte domingo día 7 e rematará o xoves 11 de febreiro.
Unha grande novidade para esta edición é a creación dunha clasificación combinada, na que non soio puntuarán o postos en meta, senón tamén o resto de clasificacions (Montaña, Metas Voantes e Sprints Especiais) para decidir o corredor máis regular de cada ún dos cinco trofeos que integran a carreira mallorquina.
As cinco probas que compoñen o calendario da XIX Challenge Ciclista a Mallorca por orde cronolóxico son á siguintes:
-Trofeo Palma de Mallorca (116 km).
-Trofeo Cala Millor-Son Servera (173.5 km).
-Trofeo Inca (157.2 km).
-Trofeo Deià (143 km).
-Trofeo Magaluf-Palmanova (158.5 km).
Para os afeizoados o ciclismo compre salientar que a participación é de oito formacións españolas (Selección Española de pista, Caisse d'Epargne, Euskaltel-Euskadi, Footon-Serveto, Andalucía Caja Sur, Xacobeo Galicia, Orbea, Burgos Monumental), tres holandesas (Rabobank, Skil Shimano e Van Vliet-EBH Elshof), dúas belgas (Quickstep e Omega Pharma-Lotto), dúas alemás (Team Milram e Team NetApp), un equipo francés (Cofidis), un ruso (Katusha), un estadounidense (Team Columbia HTC), outro danés (Team Saxo Bank) e outro checo (PSK Whirlpool Author).

Ningún comentario:

Publicar un comentario