Coa incorporación de preto de 290 novos profesionais, a rede chega ata os 600 técnicosA súa misión é crear iniciativas emprendedoras e potenciar o autoemprego e as empresas de economia social.
Este documento inclúe como novidade destacable as medidas de xestión para a pesqueira do polboDende o 1 de xaneiro está en vigor o 1º Plan de Xestión Integral da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.
A revista de cómic galego Galimatías, do programa Bocaberta de Política Lingüística, chega ás librerías nun volume recompilatorio
Trátase dos primeiros vinte números desta revista que publica El Patito Editorial para achegar aos máis novos as mellores series de banda deseñada en galego.
A revista insírese dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un proxecto de dinamización da lingua galega conformado por numerosas actividades e no que participaron máis de 500.000 rapaces e rapazas da práctica totalidade de Galicia durante os últimos meses.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten previsto facer un envío con estes primeiros vinte números de Galimatías aos centros de ensino de Galicia nas próximas semanas.
A Xunta aproba o Plan de Inspección Urbanística para o ano 2010
Os obxectivos principais deste Plan de inspección son promover o dereito dos cidadáns a un medio urbano e rural adecuado para o desenvolvemento da persoa e evitar que se leven a cabo obras de construción de novas edificacións, de reconstrución, rehabilitación ou ampliación das existentes sen licenza urbanística municipal ou sen autorización autonómica.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística traballará en base a tres eixes: accións para evitar os ilícitos urbanísticos, actuacións para restaurar a legalidade vulnerada por ilícitos urbanísticos, e actuacións para restaurar a legalidade vulnerada por infraccións da Lei de costas
Os autónomos puntúan cun sobresaínte o servizo de apoio a este colectivo impulsado pola Consellería de Economía e Industria a través de Bic Galicia
As seis asociacións con presenza en Galicia valoran coa máxima puntuación a plataforma web (http://www.autonomosgalicia.org) e as guías e cadernos explicativos a súa disposición.
Case 10.000 persoas beneficiáronse desta iniciativa, que tamén inclúe accións formativas gratuítas para incrementar a competitividade deste importante colectivo empresarial galego.
Expertos en dereito de toda España analizan na AGASP a persecución dos actos de piratería nas costas somalís
Ningún comentario:
Publicar un comentario