6 de xan. de 2010

GALICIA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O GOBERNO DO PP PRETENDE MODIFICAR O PLAN GALEGO DE ACUICULTURA PARA PERMITIR QUE AS EMPRESAS PRIVADAS POIDAN MERCAR OS TERREOS COSTEIROS

EU AFIRMA QUE A MODIFICACIÓN DO PLAN ACUÍCOLA NON CAMBIA NINGUNHA UBICACIÓN COMO PROMETEU O PP NA CAMPAÑA ELECTORAL

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA FUNDAMENTAL QUE A PLANIFICACIÓN DO SECTOR ACUÍCOLA SEXA O FROITO DUN AMPLO CONSENSO SOCIAL, POLO QUE PULARÁ POR QUE SE ABRA UN PROFUNDO E SERENO DEBATE

Infogauda / Galicia

Esquerda Unida quere chamar a atención do aparente desprezo polas leis que amosa o Goberno do PP, xa que logo, a consellería do Mar pretende modificar o Plan Galego de Acuicultura, un plan do que o TSXG advertiu, na sentenza do contencioso de Toruiñan, da súa nulidade por defecto de procedemento.
Mentres que no plan aprobado polo bipartito no 2008 as terras eran de propiedade pública cedidas por concesión temporal, a Xunta do PP pretende modificar o dito plan para permitir que as empresas poidan mercar os terreos, o que a xuízo de Esquerda Unida favorecerá a especulación urbanística pois non se garante que os terreos adquiridos para explotacións acuícolas non se utilicen para outros usos.
Esquerda Unida considera un escándalo democrático que no dito plan se deixe aberta a cancela da expropiación por parte da administración si as empresas privadas son incapaces de facerse coas terras. EU rexeita este comportamento do Goberno do PP que semella máis preocupado de beneficiar as empresas privadas que ao propio pobo ao que representa. Unha vez máis quedan ao descuberto as políticas neoliberais do PP, quen se decanta sempre polos intereses privados en contra dos da cidadanía en xeral. Con esta modificación do plan acuícola se os propietarios das terras non queren vender ao prezo que queiran as empresas privadas, a “administración Feijóo” expropiara as súas terras para entregalas ás empresas privadas, o que ven a significar un claro atropelo aos dereitos da cidadanía.
EU denuncia que o Goberno do PP está a incumprir as súas promesas electorais, xa que logo, comprometeuse coas distintas plataformas cidadás a revisar ás ubicacións, nembargantes a dita modificación non cambia nin unha soa ubicación do anterior plan do bipartito.
Esquerda Unida considera fundamental que a planificación do sector acuícola debe ser o froito dun amplo consenso social, polo que pulará por abrir un profundo e sereno debate no que participen, ademais das distintas forzas políticas, todos os sectores implicados, e dicir: sindicatos, veciños, asociacións ecoloxistas e concellos costeiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario