ENTREGA DO PLAN COMERCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á ASOCIACIÓN ‘ÁBACO’
Ábaco / A Guarda
O pasado 22 de xaneiro, a Asociación Ábaco recibiu de mans dos técnicos da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra os resultados do estudio realizado a esta asociación de comerciantes enmarcado dentro do “Plan Comercia 2009”.
A finalidade do Plan Comercia é elaborar un diagnóstico previo da situación da Asociación no que se basearía a posterior proposta de pautas de actuación a desenvolver pola mesma co fin de mellorar a xestión, a comunicación cos seus asociados e una proposta de actividades de dinamización concreta.
Os obxectivos do mesmo é proporcionar apoio técnico para a realización dun autodiagnóstico e o asesoramento no deseño dun plan de acción que lles permita fixar os obxectivos a corto/ medio prazo para lograr as súas capacidades técnicas; identificar as súas fortalezas e debilidades, especialmente aquelas deficiencias e carencias que se puidesen mellorar e os seus correspondentes plans de mellora; fortalecemento do traballo en rede e a busca de sinerxias entre as asociacións e cooperación con outras entidades e contribución á dinamización do sector comercial nos seus respectivos ámbitos de actuación.
No diagnóstico realizado na Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “Ábaco”, en palabras dos técnicos, atopámonos cunha asociación de recente creación, (ano 2005), cuxo obxectivo era a de mellorar a situación do comercio a través dunha asociación que defendese os seus intereses e, a longo prazo conseguir a unión dos comerciantes do concello de A Guarda nunha única asociación.
Abaco está constituída fundamentalmente por establecementos comerciais minoristas, aínda que tamén hai empresas doutras actividades, actualmente conta arredor de 150 asociados.
Podemos dicir que dentro da Valoración Global da Entidade atopámonos, en termos xerais, cunha asociación moi dinámica e profesionalizada obtendo unha valoración positiva en aqueles aspectos relacionados cos Bloques Identidade e Instalacións e equipamento, non obstante existen outros susceptibles de mellora, aqueles que fan referencia aos ítems de Comunicación Externa, e como proposta de mellora se lle indica, a elaboración dun plan estratéxico a largo prazo (3 ou 5 anos) que recolla as directrices de actuación da asociación; así como tamén no referente á comunicación o deseño dun plan de comunicación interno co fin de que todos os asociados coñezan o funcionamento da asociación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario