“OURENSE ESCOLA TOTAL DE FÚTBOL” HOMENAXEARÁ EN OURENSE AO XORNALISTA JOSÉ ANGEL DE LA CASA

O Centro Centro Cultural da Deputación de Ourense presentou o “Legado José Ángel de la Casa”, un acto que co que o proxecto “Ourense Escola Total de Fútbol” quere homenaxear ao xornalista deportivo José Angel de la Casa. O acto, que consistirá nunha conferencia que impartirá o xornalista, enmárcase dentro do proxecto “Ourense Escola Total de Fútbol”, que te como obxectivo transmitir á sociedade o legado dos grandes persoeiros do fútbol para promover as virtudes do deporte.
Infogauda / Ourense
A presentación desta iniciativa, que está promovida pola Deputación de Ourense, tivo lugar hoxe no Centro Cultural, e contou coa presenza de Aníbal Pereira, coordinador do proxecto, quen afirmou que “Ourense Escola Total de Fútbol” quere dar oportunidades a todos os piares do fútbol base da provincia de Ourense, “e utilizar o fútbol como pretexto para poder crecer como persoas e desenvolver as cousas boas que ten o deporte, sobre todo nun público tan sensible como son os nenos”.En opinión de Aníbal Pereira, persoas como José Angel de la Casa “son un referente tanto no eido humano como profesional , e a súa presencia en Ourense servirá para deleitarnos con anécdotas e relatos que engloban máis de 30 anos de profesión traballando coa elite do deporte”.O proxecto “Ourense Escola Total de Fútbol” pretende que deportistas e persoas achegadas ao deporte que “nos conmoveron polo seu comportamento e os seus valores veñan a Ourense a darnos unha charla, non só para falarnos dos seus éxitos profesionais e deportivos senón para incidir no aspecto humano. Por iso o denominamos “legado”, porque é unha pegada que deixan para que poidamos seguir ese camiño aplicado ao deporte e a todos os aspectos da nosa vida”, explica Anibal Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario