29 de xan. de 2010

GALICIA

Núñez Feijóo reuniuse co primeiro ministro de Portugal, José Sócrates, no Palacio de Sâo Bento
· O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuseco primeiro ministro da República portuguesa, José Sócrates
Foto: Ana Varela
Infogauda / Galicia
Feijóo propón blindar o inicio das obras do ave Vigo-Porto a través dun protocolo entre os gobernos de España e Portugal.
Galicia e Portugal abren unha axenda de contactos para tratar “de forma bilateral e con concreción” a colaboración en materia política, económica e cultural.
Ambos países estudarán a posibilidade de unir Galicia e o Norte de Portugal a través dun gasoducto dende a pranta regasificadora de Mugardos.
O conselleiro de Presidencia destacou que pese os anuncios públicos, o goberno de España aínda non se puxo en contacto coa Xunta e a única información que se ten é polo medios de comunicación


· O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, ante os medios de comunicación
Foto: Xoán Crespo
RUEDA DEDUCE QUE “AO GOBERNO SOCIALISTA DE ESPAÑA LLE IMPORTA POUCO A SOLVENCIA” E ATRIBUE UN POSIBLE RECURSO “A UN CASTIGO POLÍTICO A GALICIA”.
Di que a lei que se pretende recorrer é unha lei do Parlamento que conta co respaldo dunha ampla maioría da Cámara e co aval dos letrados do Parlamento.
“Fronte a vontade de diálogo da Xunta de Galicia atopámonos que o goberno socialista lle guían criterios políticos e de castigo mediante un recurso político”, subliñou.
O presidente galego pronunciou o relatorio ‘As oportunidades de comercio e investimento en Galicia e Portugal’ nun encontro con empresarios organizado pola Cámara de Comercio Luso- Española en Lisboa

· O presidente da Xunta participou nun encontro con empresarios, organizado pola Cámara de Comercio Luso-española
Foto: Ana Varela
Feijóo avoga pola cooperacion empresarial e o desenvolvemento das infraestruturas como instrumentos para transformar as fronteiras “que antes dividían e separaban”, nun factor de crecemento económico.
Expresa o “firme propósito” do seu Goberno de potenciar a colaboración aberta con Portugal e desenvolver unha estratexia amplia co conxunto do país.
Defende “avances e un maior grado de ambición” para a Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.
Avoga por “repensar a Eurorrexión” porque “en tempos de crise a cooperación non é unha desvantaxe, senón unha ferramenta fundamental”.

Núñez Feijóo entrevistouse co presidente da República de Portugal, Anibal Cavaco Silva, no Palacio de Belem


· Alberto Núñez Feijóo e Cavaco Silva
Foto: Ana Varela
Feijóo e Cavaco coinciden na necesidade dunha “estratexia común” ante a UE para que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal non perda fondos no próximo reparto comunitario.
O presidente da República portuguesa aceptou a invitación do presidente da Xunta a visitar Galicia neste Ano Santo Xacobeo.
Ler máis.

Agustín Hernández asegura que o Plan do litoral garante a seguridade xurídica dos concellos e proporciona unhas regras de xogo claras en toda a franxa costeira

· Agustín Hernández, nas xornadas da EGAP Autor: Conchi Paz
O papel da APLU será impulsado co fin de asegurar o cumprimento da normativa urbanística e de ordenación territorial.
As Directrices de Ordenación do Territorio e a modificación da Lei de Ordenación Urbanística axilizarán o planeamento municipal e concederán maior protagonismo aos concellos.
Ler máis.

Benestar asina un convenio de colaboración con Cruz Vermella para acadar a incorporación social das persoas sen teito
A Xunta financiará con 357.000 euros o programa de acompañamento e apoio a este colectivo.
Ler máis.

Xuventude financia a posta en marcha dunha guía para integrar nas universidades galegas ao alumnado con diversidade funcional
Trátase dun recurso didáctico-pedagóxico, de carácter práctico e dirixido a toda á comunidade universitaria.
O seu obxectivo é a integración na sociedade dos mozos e mozas con diversidade funcional a través da adecuación das intervencións educativas co fin de prever e compensar as desigualdades de acceso, permanencia e promoción deste estudantes
.

O director da APLU sinala que en 2009 foron paralizadas 92 obras por carecer de licencia autonómica
Hipólito Pérez Novo destaca que cada vez existen menos construcións en execución sen licenza.
Ao longo do pasado ano, a APLU xestionou un total de 18.000 consultas de cidadáns, ás que hai que engadir 1.000 realizadas por parte das administracións locais.


Roberto Varela afirma que a catalogación da obra de Castelao é “a mellor homenaxe posible a unha das figuras totémicas da cultura galega”
O conselleiro asistiu hoxe á presentación do Proxecto de Catalogación universal da obra do escritor, proxecto común da Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Castelao.
Diante do monumento dedicado a Castelao, Roberto Varela reivindicou a universalidade da cultura galega e o traballo a prol da súa internacionalización. “O meu compromiso en defensa da nosa cultura é irrenunciable”, asegurou.
A labor de recuperación, dixitalización e catalogación do legado de Castelao con máis de 3.000 obras gráficas significa “manter vivo ao artista e permitir que siga xerándose ao seu redor coñecemento e cultura”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario