22 de set. de 2009

O ROSAL

AS ANPAS DO ROSAL DENUNCIAN A FALTA DE PROFESORADO DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Premer na imaxe para poder ler mellor seu contido

ANPAS do CPI Manuel Suárez Marquier e das Escolas Rurais do Rosal (CRA María Zambrano)
O Rosal
As asociacions de nais e pais do CPI Manuel Suárez Marquier e das Escolas Rurais do Rosal (CRA Maria Zambrano) queren dar a coñecer a toda a opinión pública o recorte de profesorado de Audición e Linguaxe que sufren este curso os dous centros de ensino do Concello do Rosal.

Desde fai cinco anos cada un dos centros contaba con unha profesora de Audición e Linguaxe para atender ao alumnado que precisaba deste servizo. Este curso a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, decidiu suprimir a praza dunha destas profesoras e será unha única profesora a encargada de atender a máis de 60 nenos/as que necesitan desta atención especializada. A esto compre engadir que no caso do CRA Maria Zambrano, as aulas están repartidas por todo o Concello, co cal haberá muitos/as nenos/as que o precisen que necesariamente van quedar sen a atención adecuada.

De non solucionarse o problema nos próximos días as ANPAS do Concello do Rosal iniciaremos mobilizacións ate que se solucione o conflicto e se dote aos nosos centros do profesorado de Audición e Linguaxe que precisan.
Asdo:Marisol Barceló - Presidenta ANPA Manuel Suárez Marquier
Asdo: Aurora Lomba - Presidenta ANPA Escolas Rurais do Rosal (CRA Maria Zambrano)

A GUARDA

Un total de 24 establecementos participarán na II RUTA DA TAPA



Ábaco / A Guarda
Finalizado o prazo de inscripción o pasado venres 18 de outubro, un total de 24 establecementos de A Guarda e O Rosal formalizaron a súa participación nesta campaña gastronómica organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco.
Dende o venres 16 de outubro e ata o domingo 29 de novembro, de luns a domingo e en horario de 11:00 a 13:30 e de 19:00 a 21:30 poderedes degustar as tradicionais tapas por un importe de 1 € en todos os establecementos participantes:
Mesón A Parra, Bocatería O Funil, Bocatería O Recuncho, Jamonería Avenida, Tapería O Catre, Café Bar Bergantín, Restaurante Xeito, Pool Chaos, Restaurante Estación Marítima, Restaurante Novo Mira o Miño, Bar o Pasaxe, Restaurante La Granja, Tapería Arruaz, Cervecería Zéntral, Pizzería Brétema, Restaurante Casa do Outeiro, Restaurante The Celtic Harp, Restaurante Casa Chupa Ovos, Restaurante Xantar, Restaurante Juan, Restaurante As Brasas, Café Bar Trastévere, Marouco de Palla e Restaurante O Ribel.
Non te esquezas de selar o teu pasaporte para poder optar ós seguintes premios:
- Sorteo dunha noite no Hotel Talaso Atlántico para dúas persoas en habitación dobre standard con vistas á montaña en réxime de Aloxamento e Desayuno con 2 accesos ó recorrido mariño (piscina de auga de mar con jets por todas as partes do copro, jacuzi, sauna seca e húmida) e 3 tratamentos de talasoterapia por persoa incluídos.
- Sorteo dunha fín de semana para dúas persoas nunha Casa Rural da Asociación Agarimo coa posibilidade de elexir entre máis de 30 Casas diferentes do Sur de Pontevedra. Máis información en:
www.agarimo.com
- Vales de consumición coa posibilidade de elixir o establecemento onde se queren consumir os mesmos (só establecementos participantes na II RUTA DA TAPA).
- Premio seguro para todos os que rematen a Ruta.

A GUARDA: UPTA-GALICIA E ÁBACO ASINARÁN UN CONVENIO DE COLABOURA












Infogauda / A Guarda
El próximo jueves día 24 de Septiembre de 2009 a las 14 horas, Lisardo Domínguez Rodríguez, Secretario General de la Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos de Galicia UPTA-GALICIA y Ángel Luis Baz Vicente, Presidente de la Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco, procederán a la firma de un Convenio de Colaboración y representación entre ambas Asociaciones.
El acto tendrá lugar en la sede social de Ábaco, en Rúa Manuel Lomba, 7 - Baixo (A Guarda).

CAMINHA

Caminha - Revista Informação Municipal - Agosto 2009



Infogauda / Caminha
Está disponível para download a versão digital da revista "Caminha -Revista de Informação Municipal - Agosto 2009".

O ROSAL

UN VECIÑO DE A GUARDA GAÑA MÁIS DE 545.000,00 EUROS NO SORTEO DO EUROMILLÓN




Infogauda / O Rosal



Un dos clientes da Administración de Loteirías nº 1, situada na rúa Ramón Franco, do Rosal foi agraciado cun premio de 545.313,00 euros, correspondente a un boleto do Euromillón do sorteo do pasado venres día 18 de setembro, de cinco acertos máis unha estrela, cos números 6, 16, 30, 38, 41 e o número 2 nunha estrela.
Mália que o titular do establecemento, Santiago Villa Verde, afirmou descoñecer a identidade do gañador, "aínda que - segundo dixo - necesariamente ten que ser unha persoa coñecida, dado que case o cento por cento da súa clientela é da localidade e dos arredores", este xornal dixital puido saber que a persoa premiada, cuia identidade cónstanos, é natural e veciño de A Guarda. Aínda que dispomos de máis datos, non os facilitamos para respectar a intimidade do afortunado e súa familia, ainda que podemos asegurar que se trata de un traballador, casado - súa esposa é natural do Rosal - e pai de familia.
Santiago Villa Verde coñecía a boa nova do premio, cando á primeira hora do pasado sábado chamáronlle desde a Delegación de Vigo de Apostas e Loterías do Estado para comunicarlle que fora o boleto premiado fora abonado na súa administración.
"A reacción foi dunha gran alegría, posto que vivo de dar premios e cara á clientela iso axuda a vender máis", afirmou ó tempo que amosaba súa "incerteza de non saber a identidade da persoa premiada (...)".
A Administración de Loteirías nº 1, leva aberta no Rosal desde fai 22 anos.
Santiago Villa Verde leva un ano á fronte, sucedendo á súa nai Antonia Verde Andrés, que se xubilou.
Na historia deste estabrecemento xa está rexistrada outra xornada memorable, cando o 28 de xullo de 1990 repartiron un premio da Lotería Nacional de 800 millóns das antigas pesetas. Co paso do tempo chegouse a saber que unha parte do mesmo, uns 250 millóns de pesetas, foron parar aos petos dun traballador do mar, posiblemente de orixe humilde.

BILBAO

CEAR DEMANDA A LA SUBDELEGACIÓN DE GOBIERNO EN PONTEVEDRA POR LOS POLIZONES DEL BUQUE “VIRANA”




Javier Galparsoro / Presidente CEAR EUSKADI
La Comisión de Ayuda al Refugiado en Euskadi, (CEAR-Euskadi), va a presentar Recurso Contencioso-Administrativo de Protección de Derechos Fundamentales frente a la actuación de la Subdelegación de Gobierno en Pontevedra, con motivo de la llegada, el pasado 24 de junio de 2009, al puerto de Vigo – Guixar, del buque “Virana”, a bordo del cual se encontraban, al parecer, dos polizones menores de edad.
El objeto del Recurso es esclarecer los siguientes extremos:
1º.- Si los polizones eran efectivamente menores de edad, por qué no fueron puestos a disposición de la Conselleria de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia para asumir su tutela, al tratarse de menores solos y desamparados, lo que podría constituir vulneración del art. 15 de la Constitución en cuanto al riesgo para la integridad física y moral de los menores.

2º.- Tampoco tenemos constancia que se les haya ofrecido ni brindado la preceptiva asistencia letrada recogida en el art. 24 de la Constitución y en el art. 22 de la vigente Ley de Extranjería, ya que todas las gestiones realizadas por CEAR-Euskadi ante el Colegio de Abogados de Vigo ofrecieron resultado negativo.

3º.- Se trata de conocer también si estas personas en algún momento pidieron entrar en nuestro país, o solicitar protección internacional por vía de asilo, conforme a la Convención de Ginebra de 1951 sobre los Refugiados, en relación con la vigente Ley Reguladora del Derecho de Asilo y de la Condición de Refugiado.

4º.- Tampoco consta ni la fecha de salida del buque hacia el puerto de La Pallice-La Rochelle (Francia), ni las comunicaciones transmitidas por parte de las autoridades policiales gallegas a las francesas sobre la presencia de estos pasajeros clandestinos, ni la suerte final que estos muchachos hayan podido correr.
CEAR-Euskadi, conjuntamente con Amnistía Internacional-Vigo, ha intentado infructuosamente recabar esta información, tanto durante la presencia del buque en el puerto de Vigo-Guixar como posteriormente el pasado mes de julio mediante una petición expresa.
La Brigada Provincial de Extranjería y Documentación (B.P.E.D.) de Vigo, así como la propia Subdelegación de Gobierno en Pontevedra, se han negado a facilitar cualquier información relativa a este caso, y a enviar la resolución de denegación de entrada y retorno en frontera eventualmente dictada, por lo que el caso permanece a día de hoy en el más hermético e impenetrable de los silencios, que solo este procedimiento judicial podrá esclarecer.

GALICIA

España / Lei de estranxeiría: O rendemento económico e un vago concepto de seguridade nacional priman sobre os dereitos humanos dos inmigrantes


Amnistía Internacional / Galicia
Perante a tramitación no Congreso da reforma da Lei de Estranxeiría, Amnistía Internacional lamenta que non se aproveite esta reforma como unha oportunidade para adecuar a lexislación española de estranxeiría ás normas internacionais de dereitos humanos.

“Toda iniciativa de reforma lexislativa debería ser plenamente coherente cos tratados internacionais de dereitos humanos asumidos por España. Porén, este Proxecto de Lei ten un enfoque máis centrado na seguridade nacional e o rendemento económico que na aproximación aos inmigrantes como persoas que tamén teñen dereitos humanos e ás que o Estado debe garantir a súa protección”, afirma Alberto Estévez, voceiro da organización en Galicia.

A organización lembra nun informe publicado hoxe titulado: “España: Análisis y Recomendaciones al proyecto de ley orgánica de reforma de la legislación de extranjería” que é perfectamente lexítimo que o Estado español articule unha política de control migratorio mais, pola contra, non o é que esta vulnere moitos dos compromisos internacionais xa adoptados en materia de dereitos humanos. “Non ter papeis é unha irregularidade de carácter administrativo que, en ningún caso, se debe antepor ás vulneracións de dereitos humanos que poidan sufrir as persoas migrantes”, asegurou Estévez.

Amnistía Internacional dirixiu este informe a todos os grupos parlamentarios no Congreso, así como ao Ministro de Traballo, Celestino Corbacho, solicitando unha reunión na que poder discutir as preocupacións e recomendacións da organización perante esta nova Lei. A organización lembra ao Goberno o seu Plan de Dereitos Humanos, aprobado en decembro de 2008, que debe plasmarse de forma efectiva en todas as súas políticas, incluídas a migratoria e a de asilo.

"Lamentamos que esta reforma, polo momento, non amose un xiro significativo no recorte en dereitos humanos das políticas de inmigración impulsadas pola Unión Europea nos últimos anos; especialmente cando España debe afrontar durante a súa próxima presidencia da UE o desenvolvemento do programa de Estocolmo, que é unha oportunidade para modificar a relación ata agora existente entre as políticas de seguridade e inmigración e asilo no ámbito europeo”, asegura Estévez.

Máis sombras que luces na Lei de Estranxeiría
Amnistía Internacional acolle con satisfacción algunhas disposicións do Proxecto de Lei:
· O recoñecemento, en cumprimento da Sentenza do Tribunal Constitucional, dos dereitos de reunión, manifestación, asociación, sindicación e folga para os inmigrantes en situación administrativa irregular.
· A incorporación dalgunhas garantías para as persoas vítimas da trata de seres humanos como o “período de reflexión”.
· O recoñecemento explícito do dereito do menor non acompañado a ser escoitado no procedemento de repatriación.
· O recoñecemento expreso, por primeira vez na lexislación de estranxeiría, do principio de non devolución (non refoulement).

Con todo, a organización lamenta que esta nova reforma non elimine obstáculos ata o de agora existentes e/ou engada outros, para garantir a protección dos dereitos humanos dos inmigrantes en situación administrativa irregular en España.

Entre os obstáculos, a organización destaca:

· Un paso atrás en materia de detención de inmigrantes irregulares.
Esta reforma segue a reflectir un achegamento ás persoas inmigrantes, moitas veces, en termos de criminalización. A privación de liberdade por sancións administrativas non responde aos principios de proporcionalidade e subsidiariedade. Deste xeito, o Proxecto de Lei debería contemplar o internamento como unha medida de último recurso, procedendo a ela só naqueles casos nos que o resto de medidas (por exemplo, a retirada de pasaporte, a residencia obrigatoria nun determinado lugar, a obriga de prestar fianza, entre outras) sexan ineficaces. A isto engádese que a presente reforma amplíe o prazo de internamento de 40 a 60 días; un prazo que se podería ampliar aínda máis cando a persoa solicita asilo ou un habeas corpus.

· Continúan as garantías insuficientes para os menores non acompañados.
Seguen sen se respectar de forma plena principios recoñecidos en normas internacionais adoptadas por España, como o principio de interese superior do menor e o principio de non devolución cando non existan garantías de que o menor, de ser devolto, poderá desenvolver unha vida digna. A organización amosa tamén a súa preocupación pola ausencia de referencia algunha á obriga da Administración de informar e facilitar ao menor tanto o seu dereito á asistencia letrada como a solicitar asilo.

· A protección dos dereitos humanos segue en segunda liña perante os casos de violencia de xénero contra as mulleres inmigrante e trata.
As mulleres inmigrantes indocumentadas seguen atopando un obstáculo legal ao esixir que, coa denuncia como vítima de violencia de xénero, se lles abra un procedemento de expulsión. Se ben o Proxecto de Lei contempla a posibilidade de suspendelo, o procedemento recollido disuade, en moitos casos, a estas mulleres de denunciar a súa situación, dificultando así que saian da espiral de violencia na que se atopan.

En canto ás vítimas da trata, o artigo que fai referencia á súa situación segue estando presidido por un enfoque que prima a seguridade e loita contra o crime organizado á protección das vítimas desta gravísima violación dos dereitos humanos. Que unha vítima de trata poida ter un permiso de residencia, segue a estar condicionado ao feito de que denuncie ou colabore, ademais aportando datos esenciais para a investigación policial.

· Os obstáculos no acceso ao dereito á educación, o dereito á saúde e o dereito á vivenda.
Amnistía Internacional quere recordar que a educación, a saúde e a vivenda son dereitos humanos recoñecidos en tratados internacionais comprometidos por España como, entre outros, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Contravindo as súas disposicións, o Proxecto de Lei mantén as limitacións de acceso no dereito á educación aos inmigrantes maiores de idade indocumentados; condiciona o dereito á saúde ao feito de estar empadroado e oficializa as limitacións no acceso ás axudas en materia de vivenda aos residentes de longa duración.
Por último, Amnistía Internacional quere sinalar que a adopción dun enfoque de dereitos humanos en iniciativas lexislativas como esta melloraría a comprensión das causas fundamentais da inmigración: os seus vínculos coa pobreza e a inseguridade, a falta de desenvolvemento económico e as crecentes desigualdades entre uns países e outros e dentro dos propios países.

MADRID

I CONCURSO EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA- MADRID



"PARTICIPANDO, CONTRIBUYES A MEJORAR LA MOVILIDAD"

Asociación Stop Accidentes / Madrid
TEMA:
Se solicita la realización de una fotografía que exprese de forma gráfica las conductas peligrosas e inadecuadas de los peatones cruzando la calle, así como los peligros a los que debe enfrentarse en cuanto a mobiliario o señalizaciones inadecuadas y barreras arquitectónicas.La fotografía podrá incluir, también, algún tipo de texto, slogan, mensaje en materia de seguridad vial y su importancia para todos.Las fotografías deberán adecuarse al tema y contenidos del concurso.
PREMIOS:
Premio a la mejor fotografía: 300 euros en metálicos y 100 euros en material fotográfico.Premio Joven: 200 euros en metálico y 100 euros en material fotográfico.
PLAZOS:
El plazo de recepción de las fotografías será desde el día de publicación de estas bases hasta el 24 de octubre de 2009.

Si te animas a participar, las bases del concurso exposición las podrás consultar en nuestra página Web
www.stopaccidentes.org / Delegación Madrid o a nuestros teléfonos: 914 054440 / 663860996.
ORGANIZA:
STOP ACCIDENTES, Delegación de Madrid.
COLABORAN:
JUNTA MUNICIPAL DEL DISTRITO DE CIUDAD LINEAL, MADRID; LABORATORIO FOTOGRÁFICO DINASA

O ROSAL

A FAMILIA DO PINTOR WALDO ÁLVAREZ DOA UN CADRO SEU AO CONCELLO DO ROSAL
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O luns 21 de setembro a familia do pintor rosaleiro Waldo Álvarez Álvarez –recentemente finado - fixo entrega dun cadro da súa autoría ao Concello do Rosal.
A este emotivo e sinxelo acto, asistiron os fillos de Waldo, Esther e Diego Álvarez Arnaud, así como o alcalde Jesús Mª Fernández Portela na compaña da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Waldo Álvarez Álvarez naceu o 8 de setembro de 1937 en San Xoán de Tabagón e faleceu o 26 de xuño deste ano. Waldo, que estivo emigrado en Francia máis de 40 anos era un artista autodidacta, namorado do Rosal, cun estilo figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que van dende certas paisaxes mariñas ata retratos. Este pintor tamén realizaba fermosos mosaicos con gres esmaltado e azulexo.
Segundo os seus fillos “este cadro do muíño das Aceñas é unha obra que realizou o noso pai no ano 2005 e por expreso desexo del doamos ao Concello do Rosal para disfrute dos seus veciños”.
O Alcalde e a concelleira de Cultura agradeceron este detalle á familia de Waldo, afirmando que “o seu pasamento colleunos de sorpresa, pois tiña participado nunha exposición con motivo da Feira do Viño do Rosal do ano pasado e contábamos de novo con el para esta edición. Queremos manifestar a nosa gratitude por este fermoso obsequio de Waldo dunha das paisaxes máis idílicas e representativas do noso concello”.

PONTEVEDRA

LOUZÁN COMPROMETE A AXUDA DA DEPUTACIÓN PARA DOTAR DE SERVIZOS Ó MONTE DE SANTA TEGRA, NA GUARDA, E COLABORAR NUN PROXECTO ARQUEOLÓXICO E DE DOTACIÓN DE AUDIOGUÍAS





Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra, recibiu esta mañá o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas e o concelleiro de Patrimonio Manuel Javier Crespo González

Infogauda / Pontevedra


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe na súa entrevista co alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o apoio da institución provincial para dotar de servizos ó emblemático Monte de Santa Tegra e para colaborar nun proxecto arqueolóxico e de instalación de audioguías, elaborado por uns profesores da Universidade de Vigo e outros especialistas e promovido polo Padroado Municipal Monte Tegra.
Según explicou Louzán, na actualidade o monte carece de servizos básicos de auga, saneamento e electricidade, a tal punto que uns bares e un hotel próximos utilizan fosas sépticas. O proxecto para dotar os servizos acada os 600.000 euros e afectaría a 3 kilómetros, si as toberías discurren próximas á estrada de acceso, ou a 1,8 si van pola ribeira dun regato.
O presidente provincial indicou que o organismo da Deputación, Turismo Rías Baixas, podería colaborar cos perto de 200.000 euros que percibe en concepto das visitas turísticas á zona. E sinalou que, a maiores desa cuantía, a Deputación tentará buscar a colaboración da Comunidade de Montes e da Consellería de Cultura.
Niste senso, aconsellou ó alcalde que o Concello fora solicitando os permisos pertinentes da Dirección Xeral de Patrimonio pois a Deputación colaborará decisivamente na realización do proxecto no marco de potenciar o vindeiro Xacobeo como fonte de recursos importante para a zona e para provincia nestes tempos de crise.
Louzán comprometeu tamén o apoio da Deputación para un proxecto arqueolóxico e de instalación de audioguías no Monte de Santa Tegra. Esta iniciativa enmárcase nun proxecto global, elaborado polos profesores da Universidade de Vigo, L. Castro López e F. Pérez Losada, a doctoranda E. Muñoz e o técnico A. Colmenero e promovido polo Padroado Municipal Monte Trega.
O devandito proxecto tén como finalidade primordial a reconstrucción virtual do sector sur do castro e a realización dunha audioguía do xacemento castrexo, tamén para discapacitados. Con él, preténdese revalorizar o xacemento e o seu valor patrimonial, que será un paso cualitativo importante para a musealización do conxunto do xacemento.
Na entrevista con José Manuel Domínguez, Louzán indicou que o Plan de Investimentos da Deputación podería acoller a construcción duns vestiarios, por uns 100.000 euros, no campo de fútbol do Sporting Guardés, no que a institución provincial xa fixo importantes melloras.
O presidente da Deputación indicou ó alcalde da Guarda, finalmente, que a institución provincial incrementará a axuda xa concedida de 10.000 euros ó Clube de Balonmán Feminino da Guarda con outros 3.000 euros en concepto de patrocinio dun partido.

OURENSE

O “GALICIA CHESS FESTIVAL 09” REUNIRÁ EN OURENSE AOS MELLORES XADRECISTAS DO MUNDO




Infogauda / Ourense

Ourense reunirá o vindeiro fin de semana aos mellores xadrecistas dos mundo de “xadrez relámpago”, unha modalidade que consiste en partidas que duran entre 3 e 60 minutos. Os vindeiros días 25, 26 e 27 de setembro a cidade acolle un acontecemento deportivo que está a ser difundido entre 40 millóns de xadrecistas de todo o mundo a través de Internet: o “Galicia Chess Festival 2009”.
Con motivo do Xacobeo 2010 e dentro das actividades de promoción do Ano Santo, organízase en Ourense este festival de xadrez con torneos espectaculares coma o “Aberto Internacional de Xadrez Activo Memorial Fernando Marcote” e os “Campionatos de Europa de Xadrez Activo Feminino Xadrez Lóstrego e Xadrez Lóstrego Feminino”, cun fondo de premios de 54.000 euros.Na presentación estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, e os organizadores do evento Roberto Paramos, Joaquín Bello e Elías González. As xornadas de competición terán lugar no pavillón Paco Pazo, comezando ás 16.00 horas do venres, e rematando coa clausura, o domingo ás 19.00 horas. O acto de inauguración levarase a cabo na Deputación de Ourense o venres, ás 13.00 horas, coa presencia, entre outras autoridades do director xeral para o Deporte e a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia.Nesta edición do “Chess Festival” o público asistente poderá contemplar en directo o espectáculo que supón ver aos mellores xadrecistas dos mundo, pertencentes a 40 países, disputando partidas rápidas con 600 xogadores. Os organizadores afirman que en Galicia existen máis de 20.00 afeizoados ao xadrez, moitos dos cales se darán cita este fin de semana no Pazo dos Deportes “Paco Paz”.
O vicepresidente da Deputación, Moisés Blanco, dixo na presentación que o Torneo de Xadrez “Chess Festival” coloca a nosa provincia no centro mundial deste deporte. “A Deputación de Ourense, co apoio e patrocinio deste evento, xoga un papel importante polo que supón unha aposta decidida polo singular deporte do Xadrez, que abrangue todas as idades e que pode ser practicado en calquera lugar”.

AS VOSAS IMAXES

CEU DE OUTONO




Fotografías: Elena Cividanes Álvarez



AS VOSAS IMAXES

CETÁREA E DIQUE SECO

Fotografías: A3Sound