22 de set. de 2009

O ROSAL

UN VECIÑO DE A GUARDA GAÑA MÁIS DE 545.000,00 EUROS NO SORTEO DO EUROMILLÓN




Infogauda / O Rosal



Un dos clientes da Administración de Loteirías nº 1, situada na rúa Ramón Franco, do Rosal foi agraciado cun premio de 545.313,00 euros, correspondente a un boleto do Euromillón do sorteo do pasado venres día 18 de setembro, de cinco acertos máis unha estrela, cos números 6, 16, 30, 38, 41 e o número 2 nunha estrela.
Mália que o titular do establecemento, Santiago Villa Verde, afirmou descoñecer a identidade do gañador, "aínda que - segundo dixo - necesariamente ten que ser unha persoa coñecida, dado que case o cento por cento da súa clientela é da localidade e dos arredores", este xornal dixital puido saber que a persoa premiada, cuia identidade cónstanos, é natural e veciño de A Guarda. Aínda que dispomos de máis datos, non os facilitamos para respectar a intimidade do afortunado e súa familia, ainda que podemos asegurar que se trata de un traballador, casado - súa esposa é natural do Rosal - e pai de familia.
Santiago Villa Verde coñecía a boa nova do premio, cando á primeira hora do pasado sábado chamáronlle desde a Delegación de Vigo de Apostas e Loterías do Estado para comunicarlle que fora o boleto premiado fora abonado na súa administración.
"A reacción foi dunha gran alegría, posto que vivo de dar premios e cara á clientela iso axuda a vender máis", afirmou ó tempo que amosaba súa "incerteza de non saber a identidade da persoa premiada (...)".
A Administración de Loteirías nº 1, leva aberta no Rosal desde fai 22 anos.
Santiago Villa Verde leva un ano á fronte, sucedendo á súa nai Antonia Verde Andrés, que se xubilou.
Na historia deste estabrecemento xa está rexistrada outra xornada memorable, cando o 28 de xullo de 1990 repartiron un premio da Lotería Nacional de 800 millóns das antigas pesetas. Co paso do tempo chegouse a saber que unha parte do mesmo, uns 250 millóns de pesetas, foron parar aos petos dun traballador do mar, posiblemente de orixe humilde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario