A FAMILIA DO PINTOR WALDO ÁLVAREZ DOA UN CADRO SEU AO CONCELLO DO ROSAL
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O luns 21 de setembro a familia do pintor rosaleiro Waldo Álvarez Álvarez –recentemente finado - fixo entrega dun cadro da súa autoría ao Concello do Rosal.
A este emotivo e sinxelo acto, asistiron os fillos de Waldo, Esther e Diego Álvarez Arnaud, así como o alcalde Jesús Mª Fernández Portela na compaña da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Waldo Álvarez Álvarez naceu o 8 de setembro de 1937 en San Xoán de Tabagón e faleceu o 26 de xuño deste ano. Waldo, que estivo emigrado en Francia máis de 40 anos era un artista autodidacta, namorado do Rosal, cun estilo figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que van dende certas paisaxes mariñas ata retratos. Este pintor tamén realizaba fermosos mosaicos con gres esmaltado e azulexo.
Segundo os seus fillos “este cadro do muíño das Aceñas é unha obra que realizou o noso pai no ano 2005 e por expreso desexo del doamos ao Concello do Rosal para disfrute dos seus veciños”.
O Alcalde e a concelleira de Cultura agradeceron este detalle á familia de Waldo, afirmando que “o seu pasamento colleunos de sorpresa, pois tiña participado nunha exposición con motivo da Feira do Viño do Rosal do ano pasado e contábamos de novo con el para esta edición. Queremos manifestar a nosa gratitude por este fermoso obsequio de Waldo dunha das paisaxes máis idílicas e representativas do noso concello”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario