22 de set. de 2009

A GUARDA

Un total de 24 establecementos participarán na II RUTA DA TAPA



Ábaco / A Guarda
Finalizado o prazo de inscripción o pasado venres 18 de outubro, un total de 24 establecementos de A Guarda e O Rosal formalizaron a súa participación nesta campaña gastronómica organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco.
Dende o venres 16 de outubro e ata o domingo 29 de novembro, de luns a domingo e en horario de 11:00 a 13:30 e de 19:00 a 21:30 poderedes degustar as tradicionais tapas por un importe de 1 € en todos os establecementos participantes:
Mesón A Parra, Bocatería O Funil, Bocatería O Recuncho, Jamonería Avenida, Tapería O Catre, Café Bar Bergantín, Restaurante Xeito, Pool Chaos, Restaurante Estación Marítima, Restaurante Novo Mira o Miño, Bar o Pasaxe, Restaurante La Granja, Tapería Arruaz, Cervecería Zéntral, Pizzería Brétema, Restaurante Casa do Outeiro, Restaurante The Celtic Harp, Restaurante Casa Chupa Ovos, Restaurante Xantar, Restaurante Juan, Restaurante As Brasas, Café Bar Trastévere, Marouco de Palla e Restaurante O Ribel.
Non te esquezas de selar o teu pasaporte para poder optar ós seguintes premios:
- Sorteo dunha noite no Hotel Talaso Atlántico para dúas persoas en habitación dobre standard con vistas á montaña en réxime de Aloxamento e Desayuno con 2 accesos ó recorrido mariño (piscina de auga de mar con jets por todas as partes do copro, jacuzi, sauna seca e húmida) e 3 tratamentos de talasoterapia por persoa incluídos.
- Sorteo dunha fín de semana para dúas persoas nunha Casa Rural da Asociación Agarimo coa posibilidade de elexir entre máis de 30 Casas diferentes do Sur de Pontevedra. Máis información en:
www.agarimo.com
- Vales de consumición coa posibilidade de elixir o establecemento onde se queren consumir os mesmos (só establecementos participantes na II RUTA DA TAPA).
- Premio seguro para todos os que rematen a Ruta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario