23 de dec. de 2009

GALICIA

Voluntariado local, nacional, internacional e europeo participará no Xacobeo e prestará, por primeira vez, a súa colaboración nos nove camiños



Infogauda / Galicia
O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o director-xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron esta mañá o programa de voluntariado de cara ao Ano Xubilar.
Rodeiro anunciou, ademais, o primeiro programa de voluntariado internacional para este evento, campos de traballo relacionados co Camiño de Santiago e un proxecto de voluntariado sanitario.
A Xunta porá en marcha puntos fixos de información nas zonas con máis afluencia dos Camiños.
Todos os participantes recibirán formación específica antes de desenvolver as súas tarefas, para ofrecer unha atención ampla e técnica.
O prazo para inscribirse no voluntariado local comeza o 15 de xaneiro.
O DOG publicou onte martes as listas provisionais de contratación temporal deste ano para a Xunta de Galicia
A resolución da Dirección Xeral de Función Pública refírese á cobertura transitoria de prazas reservadas a funcionarios e á contratación temporal de persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario