MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE A GUARDA EN SOLIDARIEDADE CON AMINETOU HAIDAR, A “GANDHI SAHARAUI”
De acordo, e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, O GRUPO de ESQUERDA UNIDA no Concello de a GUARDA, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Que ESQUERDA UNIDA no Concello de A Guarda queremos afirmar o noso compromiso coa loita polos dereitos humanos e o dereito a autodeterminación do pobo saharauí, segundo indica a resolución da ONU.
O Goberno marroquí esta a vulnerar, unha vez máis os dereitos humanos do pobo saharauí, nesta ocasión na persoa de Aminetou Haidar e a súa expulsión inxustificada. Pola súa parte, o Goberno español, baseado nunha diplomacia mal entendida, actúa en complicidade co Goberno marroquí, incumprindo a legalidade vixente.
Por iso ESQUERDA UNIDA propón para a súa aprobación ao pleno do Concello a presente MOCIÓN, cos seguintes ACORDOS:
1.- Denunciar a sistemática violación dos dereitos humanos por parte do goberno marroquí nos territorios ocupados do Sahara Occidental.
2.- Condenar a expulsión inxustificada do Sahara Occidental da activista polos dereitos humanos e o recoñecemento do Sahara Occidental, Aminetou Haidar e a retirada da súa documentación por parte das autoridades marroquís.
3.- Condenar a complicidade das autoridades españolas na retención ilegal de Aminetou Haidar vulnerando os seus dereitos humanos e a propia lexislación en materia de entrada en territorio español e impedindo o retorno ó seu país.
4.- Solicitar que se restitúa inmediatamente o dereito de Aminetou Haidar a regresar ó seu país, o Sahara Occidental, con todas as garantías para a súa integridade persoal e a recuperación da súa documentación.
5.- Transmitir a nosa solidariedade e apoio a Aminetou Haidar.
6.- Que os acordos sexan enviados á Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui, ao goberno do Estado Español e a embaixada de Marrocos en España.
A Guarda, 15 de decembro de 2009
Asdo. José Antonio González Morais
Ningún comentario:
Publicar un comentario