17 de dec. de 2009

GALICIA

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 17 de decembro, no Pazo de Raxoi

· Reunión do Consello da Xunta celebrado hoxe
Fotografía: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe no Pazo de Raxoi e ao audio da posterior rolda de prensa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


Feijóo avanza que o proxecto Abalar permitirá, nesta lexislatura, dotar a 87.400 alumnos con portátil e ter 4.400 aulas informatizadas en 1.085 centros

O obxectivo é dar un salto completo cara aos centros educativos dixitais, cuxas aulas estean “dotadas dixitalmente”.

O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio entre o Ministerio e a Consellería de Educación por valor de 8 millóns de euros para a compra de ordenadores para alumnos e profesores, “o primeiro instrumento” deste proxecto.
Trátase dunha iniciativa “ambiciosa” pero necesaria para “non perder o tren en Galicia do que se refire a portátiles, taboleiros dixitais, informatización e facilitación aos alumnos e profesores das novas tecnoloxías”, sinala o presidente da Xunta.
Salienta a autorización de 41 millóns de euros para executar a segunda fase do plan director do complexo hospitalario da Coruña, unha intervención que suporá actuar sobre 23.000 metros cadrados e multiplicar por catro a superficie de Urxencias.

O presidente galego anunciou que a Xunta porá en marcha un proxecto pioneiro ao contratar a 50 expertos para que asesoren a outras tantas pemes en materia de I+D+i

O conselleiro de Cultura e Turismo e a ministra de Cultura avanzan na creación dunha comisión bilateral para impulsar a Cidade da Cultura e un convenio para a rehabilitación do Pórtico da Gloria
Na reunión de traballo mantida esta tarde na sede do Ministerio de Cultura en Madrid abordouse asemade a participación de institucións do Estado na programación cultural e nos actos do Xacobeo 2010.
Ler máis.

Medio Rural convoca a poxa de 28 lotes de madeira de montes da provincia de Pontevedra
Subastaranse en total 22.174,13 metros cúbicos de madeira, que suman un prezo de saída de 404.741,23 euros.
Os pés que compoñen os lotes extraeranse de montes dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Meis, Pontecaldelas, Valga, Cangas, Mondariz, Oia, Ponteareas, Tomiño e O Covelo.
O director xeral de Cultura invita a coñecer un pouco máis da dimensión da obra de Ramón Cabanillas na inauguración da exposición “A roseira dos recordos” en Vigo


· O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, durante a inauguración da exposición "Ramón Cabanillas. A Roseira dos Recordos"

A exposición percorre a figura e obra de Ramón Cabanillas e permanecerá na Casa Galega da Cultura ata o 31 de xaneiro do 2010.
O secretario xeral de Política Lingüística falou da exposición como unha homenaxe a Cabanillas, pero tamén "a toda unha xeración de creadores clave na recuperación e dignificación da lingua e a cultura galegas no século XX".

Ningún comentario:

Publicar un comentario