15 de dec. de 2009

GALICIA

AS CLASES QUEDAN SUSPENDIDAS EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS, COMO MEDIDA DE PRECAUCIÓN POLO MAL TEMPO

Infogauda / Galicia
A Consellería de Educación tomou esta decisión en base á predición deita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Esta indicación aplícase os centros de ensino non universitario, así como aos pertencentes á Rede Galega de Escolas Infantís.



Emerxencias activa a Alerta Laranxa por neve en toda a Comunidade galega

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por neve que afectará á Comunidade Autónoma de Galicia a partir desta medianoite.



O presidente da Xunta solicita comparecer no Parlamento para explicar o contido e alcance da IV Conferencia de Presidentes



O presidente da Xunta no Pleno do Parlamento galego

Foto: Conchi Paz


Explicará polo miúdo os argumentos que esgrimiu como mandatario galego para defender os intereses da comunidadeLembra que a súa intervención neste foro se baseou en trasladar todos os acordos adoptados no Parlamento galego relacionados co sector lácteo, pesqueiro e naval, así como os referidos aos fondos de cohesión e ao financiamento autonómico.



O CGAI e o Museo do Pobo Galego conmemoran o primeiro centenario da exposición rexional galega de 1909 cunha mostra fotográfica do arquivo de Ricardo Blanco-Cicerón

· Alfonso Cabaleiro na presentación da mostra

Foto: Conchi Paz



O Fondo Blanco-Cicerón amosa o traballo gráfico de Manuel Chicharro, fotógrafo oficial do evento, e unha serie que inclúe fotografías de monumentos, pezas artísticas e paisaxes que foron exhibidas na exposición.
Ademais, a mostra aborda outras catro temáticas diferentes: paisaxes e documentos; patrimonio e pezas artísticas; retratos; e acontecementos relevantes.

A mostra é un paso máis da colaboración conxunta entre CGAI e Museo do Pobo Galego, que continuará nos próximos meses coa edición dun DVD que recollerá a película ‘O carro e o home” (1940).

Ler máis.

A nova normativa conta co consenso do sector pesqueiro para a reforma da lei anterior
A nova Lei de Pesca de Galicia entra hoxe en vigor coa súa publicación no DOG.
A Consellería do Mar recabou as achegas do sector para adecuar a Lei á realidade e ás súas demandas A recuperación do rango legal das confrarías e a rehabilitación do permex, a simplificación burocrática e a modificación do cómputo do período concesional das bateas son algunhas das novidades da nova normativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario