11 de dec. de 2009

ESTADO

ESQUERDA UNIDA CHAMA A MOBILIZACIÓN XERAL PARA FREAR A GRAN PATRONAL E A DEREITA POLÍTICA NO SEU INTENTO DE QUE A CRISE A PAGUEN OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS


EU PRESENTA UNHA BATERIA DE MEDIDAS PARA UNHA SAIDA DA CRISE POLA ESQUERDA, XA QUE LOGO, É IMPRESCINDIBLE OUTRA POLÍTICA

ESQUERDA UNIDA APOIA A CONVOCATORIA DOS SINDICATOS CCOO E UGT PARA UNHA GRANDE MOBILIZACIÓN EN MADRID ESTE 12 DE DECEMBRO

O facemos no convencemento, que trasladamos a todos os traballadores e traballadoras e ao conxunto da cidadanía, de que só a máis ampla e forte mobilización freará a gran patronal e a dereita política no seu intento de que a crise a paguen os de abaixo. Hoxe entramos nunha etapa decisiva na acumulación de forzas necesarias para chegar a accións de maior amplitude e firmeza, incluída a Folga Xeral, no que debe formar parte evitar o triunfo electoral da dereita e o conseguinte derrubamento dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

A crise que estamos a padecer non caeu do ceo, ni é só unha crise financeira. Ten responsables, é unha crise global do sistema capitalista. A estamos a pagar todos os traballadores e traballadoras, con máis de 4 millóns de parados, con 1,3 millóns de familias nas que todos os seus integrantes están no paro, con máis de 1 millón de parados que xa non perciben ningunha prestación e que están a tramitar, non con poucas dificultades, unha escasa axuda de 420 euros.

En España, a crise internacional ten unha especial virulencia como consecuencia dun modelo produtivo inxusto e esgotado. Un modelo produtivo baseado na alta precaridade e escasa protección social, na especulación inmobiliaria e nos sectores con empregos de baixa calidade. Un modelo impulsado tanto polo PP como o PSOE que unido á corrupción está rachando a democracia e desprestixiando a política.

A gran patronal e a dereita seguen a defender as mesmas políticas neoliberais quen nos levaron a esta situación: despedimento barato e fácil, menos custes salariais, redución de cotizacións a Seguridade Social o que ven a debilitar o sistema público de pensións, menos gasto público que leve ao Estado a súa mínima expresión, o mercado actuando por enriba do interese xeral, etc.

Pola súa parte, o Goberno non adopta medidas que poidan conducir a unha saída da crise baseada no pleno emprego, digno e de calidade. Cede ante as presións da dereita, dedica ducias de miles de millóns de euros para resolver os problemas de Caixas e Bancos mentres renuncia a apoiar a economía real, facendo súas as propostas neoliberais e limítase a endulzar as consecuencias con algunhas pequenas axudas paliativas, mentres crece a pobreza e avanza a destrución social.

E preciso deter a ofensiva da gran patronal e derrotar definitivamente as políticas neoliberais, causa da crise e da súa gravidade. É imprescindible outra política. O Goberno non pode seguir, temoroso, mirando cara a súa dereita. É necesaria máis Esquerda, o que só se pode conseguir coa mobilización popular.
Neste 12 de decembro de loita, Esquerda Unida subliña que SI hai saída para a crise nun sentido de progreso, de avance cara ao pleno emprego, de recoñecemento da dignidade do traballo e de desenvolvemento da democracia económica. Esa saída debe ter contidos como os seguintes:

- Solución digna para os traballadores no paro que xa non cobra prestación: un Plan de Emprego e Formación en colaboración cos Concellos.
- Creación de emprego mediante o apoio ás pequenas empresas. Asegurar o crédito necesario para a actividade produtiva.
- Subvención á reforma da vivenda habitual para climatización, mellora de conducións eléctricas e de fontanería, accesibilidade, etc.
- Creación de emprego pública en sectores como educación de 0 a 3 anos, saúde, Lei de Dependencia, etc. Mellores servizos públicos.
- Eliminación de toda discriminación no traballo e no salario por razóns de sexo ou orixe.
- Reparto do traballo existente. Redución da xornada a 35 horas semanais sen perda de salario.
- Reforzo da Seguridade Social e do sistema público de pensións.
- Aplicación dunha reforma fiscal progresiva, que aumente os recursos do Estado para facer fronte á crise. Que paguen máis quen máis teñen e gañan.
- Recuperación dunha Banca Pública que permita facer chegar o crédito necesario en boas condicións a empresas e familias.
- Creación dun parque de vivendas en aluguer limitado que permita un teito digno a quen hoxe non poden comprar unha vivenda.
- Suspensión dos procesos de desafiuzamento e embargo da vivenda a quen están no desemprego.
- Fortalecemento do investimento pública en centros educativos e sanitarios, infraestruturas e redes de transporte sostible.
- Reforzamento do investimento pública en I+D+i para acadar unha economía con menor dependencia tecnolóxica.
- Creación dun forte sector público que lidere as transformacións fundamentais de sectores produtivos estratéxicos como a enerxía.
- Impulso dun novo modelo produtivo, cuxo obxectivo sexa o pleno emprego, digno e de calidade, un desenvolvemento medioambientalmente sostible e unha auténtica democracia económica, creando as bases para unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para logralo cómpre avanzar cara a mobilizacións mais fortes e amplas en cálelas e nas empresas e é imprescindible unha auténtica política de esquerdas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario