11 de dec. de 2009

BAIXO MIÑO

A LOUZA, PORCELANA E XOIAS DE SARGADELOS XA SE PODEN MERCAR NA VILA DE A GUARDA
Infogauda / A Guarda
As creacións de Sargadelos xa as podemos ademirar e mercar na vila de A Guarda, na Xoiería – Reloxería Alonso. Alí, na rúa José Mª Andreini, nº 1, preto da Igrexa Parroquial, en pleno centro da vila está á Xoiería – Reloxería Alonso, onde Sargadelos, unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia, amósase maxestuosamente, presentando unha ampra diversidade de deseños e formas.
Vaixelas, xogos de café, de té, de licor, figuras e xoias de porcelana, combinada con ouro e prata,..., constitúen unha boa mostra da variedade que Sargadelos presenta na vila guardesa.
Premer aquí para acceder a reportaxe fotográfica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario