II FESTIVAL DE NADAL A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN AS SAMARITANAS
Será este venres día 11 de decembro ás 20.00 h., no Centro Cultural de A Guarda
O Centro Cultural e Social de A Guarda acollerá este venres, ás 20.00 horas, o II Festival de Nadal a beneficio da Asociación As Samaritanas, da Gándara, promovido por un grupo de persoas que se involucraron neste proxecto de apoio a esta asociación que acolle a varias mulleres con algunha problemática social.
Para recadar fondos destinados a esta causa, están á venda rifas para un sorteo-agasallo de tres magníficos premios: Unha Cesta con produtos de Nadal, dous lotes de libros e unha caixa de viño.
Para recadar fondos destinados a esta causa, están á venda rifas para un sorteo-agasallo de tres magníficos premios: Unha Cesta con produtos de Nadal, dous lotes de libros e unha caixa de viño.
Cada rifa supón un doativo de 1 euro. A entrada ó festival custa 2 euros.
Programa
O Festival de Nadal a beneficio das Samaritanas - que será presentado polo crego Jesús García Villadóniga -, contará coa participación dos seguintes artistas:
Programa
O Festival de Nadal a beneficio das Samaritanas - que será presentado polo crego Jesús García Villadóniga -, contará coa participación dos seguintes artistas:
- Diablos Rojos
- Coro Infantil do colexio PP. Somascos
- Grupo Antorcha
- María José Baz Martínez
- Jorge García Cabanelas
- Pandereteiras Xamaraina
- Doctor No a Dúo

Ningún comentario:
Publicar un comentario