UNHA PLANADORA APARECEU ARDENDO ESTÁ MAÑÁ PRETO DE CABO SILLEIRO
Na imaxe - clicar nela para amplia-la - aínda podemos apreciar as chamas na parte de popa da planadora
O mediodía continuaban ás labores de remolque da planadora queimada
Fotos: Infogauda
Infogauda / Baiona
A primeiras horas da mañá deste sábado día 3 de outubro, apareceu ardendo sobre o litoral mariño, preto da que fora Batería de Artillería do Exército de Terra, de Cabo Silleiro, no termo municipal de Baiona, unha lancha planadora con tres motores.
Pola situación na que se atopaba a embarcación, coa proa sobre as rochas, nunha zoa que forma unha pequena enseada, seus tripulantes debían ter, presuntamente, coñecemento da zoa, xa que preto do lugar hai un acceso moi practicable, que comunica o litoral coa estrada PO-552.
Como ven sendo habitual nestes casos, a embarcación probablemente foi abandoada na zoa e incendiada intencionadamente co propósito de facer desaparecer posibles pegadas dos seus tripulantes, o cal pode interpretarse como unha fallida operación de narcotráfico, a consecuencia da actuación das forzas do Estado de loita contra ese tipo de delictos.
Segundo puido saber Infogauda, o centro de coordinación de urxencias de Galicia recibiu unha chamada de alerta da Policía Local de Baiona ás 9:49 horas dando conta do achádego e solicitando reforzos debido á imposibilidade de acceder cos medios axeitados desde terra ata a embarcación, abandoada nunha zona rochosa.
Como pudemos comprobar "in situ", a Garda Civil iniciou as pescudas na zoa, despregando varios efectivos tanto pola estrada como polos montes de Baredo, pois todo semella indicar que a embarcación está vencellada co tráfego de drogas, polo que o obxectivo das Forzas de Seguridade do Estado é dar cos tripulantes e polos a disposición xudicial.
Logo das primeiras pescudas, non se atopou nada no interior desta potente lancha, que arredor das 10:25 ainda ardía, desprendendo unha fumareda negra. Sería a partires desa hora cando, logo de seren alertados polo 112, intervirían efectivos do Grumir, os Bombeiros - para extingui-lo fogo - e Salvamento de Vigo, que remitiu ata o punto ao remolcador María Pita e á lancha Salvamar Mirage, con base en Cangas, que trasladou a lancha con bastantes atrancos, segundo informou Salvamento Marítimo, e como pudemos observar no lugar dos feitos, ata o porto de Baiona, posto que o que quedaba da embarcación estaba semiafundida como consecuencia do lume. Cecais o máis axeitado hubera sido, subi-la a cuberta do remolcador María Pita. A operación foi observada de preto por unha lancha da Guarda Civil do Mar e por algúns cidadáns que transitaban pola devandita estrada, practicando ciclismo ou conducindo seus automóveis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario